IV Festival Vertixe Sonora 2016
Concerto

VOCI VICINE

KammarensembleN

sábado 5 noviembre / 20:30H
TEATRO PRINCIPAL
Pontevedra

No seu políptico Voci Vicine/ Voces próximas Fabio Cifariello Ciardi reflexiona sobre a sociedade contemporánea e a crise política que padecemos a través de graves conflictos e disturbios: catástrofes naturais coma o tsunami de marzo de 2011 en Xapón, os Terremotos de l’Aquila (2009) ou de l’Emilia (2012) en Italia; o paro dos operarios da Medtronic-Invatec de Brescia (2011) e dos traballadores sardos de Sulcis (2012); a aversión xeralizada aos impostos e o abandono da polí ca; ou as reaccións desproporcionadas da policía durante as protestas da convención do G-8 en Xénova en 2001 ou contra a contaminación electromagné ca en Niscemi no 2013. Unha obra de triste actualidade trala recente destrución de Amatrice que recupera o esprito de arte comprome do polí ca e socialmente dos anos sesenta italianos.

KammerensembleN (KeN) é un conxunto de música de cámara sueco que desenvolve un amplo repertorio de combinacións instrumentais até o formato da Sinfonietta. Foi creado en Estocolmo en 1984 e tense conver do co paso dos anos na principal agrupación sueca, e como tal leva a cabo producións en fes vais internacionais de todo o mundo.

FABIO CIFARIELLO-CIARDI (ITALIA, 1960) Voci vicine (2014)**. Paixón en 4 partes para periodista, video, ensemble e electrónica

Susana Regueira, periodista
KAMMARENSEMBLEN Peter Fridholm, frauta | Kris an Möller, clarinete | Ivo Nilsson, trombón | Anders Kilström, piano | Jonny Axelsson, percusión | Göran Fröst, viola | Chrichan Larson, cello | Fabio Cifariello-Ciardi, video e son | Renato Rivolta, director