Do Audible é un ciclo de concertos promovido pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, coa colaboración de Vertixe Sonora, que procura a normalización da escoita de música contemporánea no noso territorio.

Do Audible investiga puntos de encontro entre a música, a ciencia, a arte e o pensamento, que faciliten o achegamento do público non especializado e a conquista dunha percepción musical máis consciente. Proporciona en cada concerto unha experiencia singular e reveladora que devolve a escoita ao seu lugar, como acontecemento capital do entendemento humano.

En Do Audible os concertos organízanse arredor dun foco temático —o tacto, o mar, o universo e o diabólico— e interactúan coa palabra cómplice de relevantes personalidades do mundo da cultura, que achegan informacións e perspectivas de interpretación da música esclarecedoras para os oíntes.

Do Audible descobre a paisaxe sonora da literatura musical dos últimos decenios, rastrexa as interaccións ocultas entre diferentes disciplinas ao longo da historia e explica as claves da creación musical de todos os tempos. Aviva a nosa imaxinación, esperta a sensibilidade de públicos novos, procura acadar, na comuñón da emoción e da intelixencia, unha experiencia artística transcendente.


CONCERTOS

  • Tactus
    con Ana Romaní(poeta) e trasPediante Danza
    coa colaboración da Aula de Acordeón do Conservatorio Profesional de Ourense, coordinada por Celia Adrián
    xoves 19 de xuño ás 20.00 horas
    Sala multiúsos do campus de Ourense (Universidade de Vigo)
    Ourense

  • O canto das baleas
    con Francisco Ramos(autor de La música del siglo XX. Una guía completa)
    xoves 26 de xuño ás 20.00 h
    Museo do Mar de Galicia
    Vigo

  • A música das esferas
    con Lluís Nacenta(profesor, ensaísta e comisario de arte)
    sábado 11 de outubro ás 20.00 horas
    Casa das Ciencias
    A Coruña

  • A música e o diabólico
    con Enrique Gavilán(autor de Otra historia del tiempo) e Distracfold Ensemble(Manchester)
    venres 14 de novembro ás 20.00 horas.
    Museo de Pontevedra
    Pontevedra

Do Audible 2014 – Informe