Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2018
CGAC
Santiago de Compostela
2018
A celebración do Día Internacional dos Museos (DIM) serve unha vez máis como punto de partida do ciclo Música e arte. Correspondencias sonoras, un encontro entre a música e a arte do noso tempo no que teñen cabida todas as expresións creativas actuais co obxectivo de dar a coñecer as estéticas máis avanzadas, os compositores máis destacados do novo panorama musical e as perspectivas de desenvolvemento máis interesantes da nova música.
A identidade do ciclo constitúea a creación musical xerada a partir das exposicións do CGAC e esta nova edición incorpora actividades didácticas coa realización de ensaios xerais abertos a escolares e actividades específicas para estudantes de música, xunto aos habituais ensaios abertos ao público e as conversas cos compositores.
Neste percorrido de oitenta estreas absolutas comisariadas por Vertixe Sonora ata o momento, a edición do 2018 inclúe trece novas obras de compositores procedentes de Alemaña, Arxentina, Canadá, Colombia, España, Estados Unidos, Israel, Italia, México e Rusia.
O ciclo iniciase co magnetismo dun concerto que utiliza elementos teatrais e visuais a través das obras de Teresa Treccozzi (Italia, 1981) e Giovanni Santini (Italia, 1986).
O palacio das tres historias, do artista Carlos Garaicoa, a súa contemplación “das cidades, da arquitectura e dos soños subxacentes”, servirá de inspiración para os compositores Hache Costa (España, 1980), Leonardo Idrobo (Colombia, 1977), Valentín Pelisch (Arxentina, 1983) e Jacques Zafra (México, 1986), incluídos no segundo concerto.
As relacións das series de conceptos memoria/historia/pasado e paisaxe/lugar/xeografías, presentes na exposición Xeografía do tempo dos artistas Bleda y Rosa, son os referencias das composicións de Victoria Cheah (Estados Unidos, 1988), Ben Davis (Estados Unidos, 1992), Marta Gentilucci (Italia, 1973) e Or Shemesh (Israel/Alemaña, 1981), que serán estreadas no terceiro concerto.
PROGRAMA
15 DE MAIO
Celebración do Día Internacional dos Museos (DIM)
12:00-13:00 h Concerto didáctico para centros escolares
19:30-20:00 h Conversa cos compositores
20:00-20:15 h Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música
20:30 h CONCERTO MAGNETISMO
Teresa Treccozzi (Italia, 1981) Sonata magnética(2014) saxofón, guitarra eléctrica, piano, percusión, obxectos
Giovanni Santini (Italia, 1986) Your Body… Your Voice* (2016) piano, 3 intérpretes, 24 imáns de canto de cascabel
* Estrea absoluta
____________________________________________________________________________________________
19 DE XUÑO
12:00-13:00 h Concerto didáctico para centros escolares Conversa cos compositores
19:30-20:15 h Conversa cos compositores
20:00-20:15 h Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música
20:30 h CONCERTO O PALACIO DAS TRES HISTORIAS
Hachè Costa (España, 1980) passato. presente. futurismo* (2018) saxofón, violonchelo, piano, percusión, electrónica
Jacques Zafra (México, 1986) Einmal ist einmal* (2018) saxofón, violonchelo, piano, electrónica
Valentín Pelisch (Arxentina, 1983) Editor´s Cut – 4 weak receptions from a dying TV #3 Lxs Anarquistas, Santiago de Compostela* (2018) saxofón, violonchelo, piano, percusión
Leonardo Idrobo1 (Colombia, 1977) Wood table stainless steel** (2018) saxofón, violonchelo, piano, percusión, electrónica
* Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora
** Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora co apoi de Pro Helvetia
____________________________________________________________________________________________
30 DE OUTUBRO
12:00-13:00 h Concerto didáctico para centros escolares
19:30-20:15 h Conversa cos compositores
20:00-20:15 h Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música
20:30 h CONCERTO XEOGRAFÍA DO TEMPO
Nicolas Tzortzis (Grecia, 1978) Arbitrario* (2018) frauta, saxofón, violín, violonchelo
Victoria Cheah (Estados Unidos, 1988) Nova obra** (2018) frauta, saxofón, piano, percusión
Ben Davis (Estados Unidos, 1992) sad song, horse blanket, stinging nettle** (2018) frauta, saxofón, violín, violonchelo, piano
Marta Gentilucci (Italia, 1973) …and calm** (2018) frauta, saxofón, violín, viola, violonchelo, piano, percusión
*Estrea en España. Encomenda de Vertixe Sonora
**Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora
____________________________________________________________________________________________
18 DE DECEMBRO
12:00-13:00 h Concerto didáctico para centros escolares
19:30-20:15 h Conversa cos compositores
20:00-20:15 h Presentación co alumnado dos conservatorios e escolas de música
20:30 h CONCERTO JULIÃO SARMENTO
Lesley Hinger (Canadá, 1983) Nova obra* (2018) frauta, saxofón, violín, violonchelo, piano, percusión
Christian Märkl (Alemaña, 1979) Nova obra* (2018) frauta, saxofón, violín, violonchelo, electrónica
Dariya Maminova (Rusia, 1988) Nova obra* (2018) frauta, saxofón, violín, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión, electrónica
Daniel James Miller (Estados Unidos, 1989) Nova obra* (2018) frauta, saxofón, violín, violonchelo, guitarra eléctrica, piano, percusión, electrónica
* Estrea absoluta. Encomenda de Vertixe Sonora
____________________________________________________________________________________________
ENSAIOS ABERTOS COS COMPOSITORES
O PALACIO DAS TRES HISTORIAS. 17 de xuño de 12:00 a 14:00
XEOGRAFÍA DO TEMPO. 7 de outubro de 12:00 a 14:00 h
JULIÃO SARMENTO. 16 de decembro de 12:00 a 14:00 h
VERTIXE SONORA Clara Saleiro frauta | Pablo Coello saxofón | Roberto Alonso e Mario Peris violín | Lorena García viola | Thomas Piel violonchelo | Rubén Barros guitarra eléctrica | David Durán piano | Diego Ventoso percusión | Ángel Faraldo e Juanma Lodo electrónica e difusión multimedia | Pablo Coello dirección musical | Ramón Souto dirección artística.