Presentación

Xoán-Xil é artista sonoro e investigador cuxo traballo vira en torno á práctica fonográfica (gravación de campo) e a experimentación sonora adquirindo a forma de instalacións, situacións inmersivas de escoita, composicións, performances e textos.

Estudou musicoloxía e doctorouse en Belas Artes coa Tese Sinal/Ruído. Algúns usos da paisaxe sonora no contexto da arte, centrada na utilización dos sons ambientais na creación contemporánea.

Forma parte dos proxectos Mediateletipos (arte sonora), Ulobit (improvisación) e Voltage Opposite (danza), e colabora con diferentes formacións como o ensemble de música contemporánea Vertixe Sonora, a compañía Gigacircus ou a proposta de música electrónica Haarvöl.

É un dos co-fundadores de Escoitar.org, un colectivo interdisciplinar adicado ao estudo da paisaxe sonora e a auralidade (dimensión cultural da escoita), que estivo activo desde 2006 a 2016. Entre os traballos realizado neses anos cabe destacar as instalacións Air, sound and power (Banquet. Nodes and networks, ZKM, Karlsruhe), El Angel (ARTe SONoro. La Casa Encendida, Madrid), Continent Rouge (Mai Numérique, Carcassone), en colaboración con Gigacircus, ou White Walk  (Gateways. KUMU, Tallin),  as tres últimas deseñadas con noTours, unha plataforma de xeolocalización sonora desenvolvida polo propio colectivo.

Impartiu obradoiros e seminarios sobre arte sonora e gravación de campo en universidades como o Centre de Recherche sur Center de Recherche sur l’Espace Sonore et l’environnement urbain (CRESSON, Grenoble), o Instituto Europeo dei Design (IED), a Universidade de Atenas, a Universidade de Porto ou A Universidade Carlos III e en centros de arte como o Museum of Contemporary Art ZKM (Karlshruhe), CCMEX (México), Laboral (Xixón), A Térmica (Málaga), Matadero (Madrid), ARTIUM (Vitoria), Medialab Prado (Madrid) ou CGAC (Santiago de Compostela).

Ten comisariado o ciclo de conferencias e obradoiros Arredor do Son e a exposición Diafonías. 6 Instalacións Sonoras 1, o encontro sobre paisaxe sonora Cartografías de Escoita. Son e lugar e o ciclo de cine Audivisións. Desde 2014 co-dirixe o festival de arte sonora e música contemporánea Sons Creativos da Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Participou na redacción/coordinación de contidos para a publicación sobre arte sonora en España MASE, para o Encontro Internacional de Creación Sensxperiment ou para o proxecto europeo de investigación sobre memoria e escoita European Acoustic Heritage (EAH) e colaborou coa Radio do Museo de arte Reina Sofía (MNCARS).