Presentación
Nado en Vigo en 1983. Comezou a estudar música e violín aos sete anos de idade na súa cidade natal co profesor Armando Toledo e a Profesora Laura Quintillán. No 2001 múdase a Londres baixo a tutela da profesora Lucia Ibragimova (Escola Yehudi Menuhin). Máis tarde estuda no Conservatorio de Birmingham coa mestra Jacqueline Ross (2002) e co profesor Nathaniel Valois (2004). Durante a súa formación no Reino Unido completa o Bachelor of Music con Honores, recibe unha bolsa de estudos do Barrie de la Maza Fundación Pedro Barrié de la Maza para realizar unha mestría en Música e, no 2012, completa un doutorado (PhD) en música especialidade en violín.
Atende a cursos e master clases con músicos e violinistas da calidade de Natasha Boyarskaya, Rosa Fein, Mark Lubotsky, Dora Schwarzberg, Isabelle Van Keulen, Joji Hattori, Malcolm Layfield, Boris Garlitsky, Victor Pikayzen, ou William Preucil. No 2007, recibe parte Weingarten Scholarship para asistir ás clases co profesor Vilmos Szabadi no Conservatorio Ferenc Liszt en Budapest. Ademáis da gran formación solística, orquestral e teórica é fundador e membro activo de varios grupos de cámara, cos que traballa extensivamente coma intérprete tanto en España como no Reino Unido e internacionalmente. Entre setembro de 2015 e maio de 2017 é asistente docente da Moores School of Music (Universidade de Houston). Toca nun violín Francesco Mauritzi de 1835 e nun arco de Claude Thomassin.