Presentación

Pedro Vaz comezou os seus estudos de violonchelo en Portugal antes de continuar no Conservatorio Prins Claus de Groninga con Jan Ype Nota, e máis tarde no CNSM de París con Michel Strauss. Foi premiado en varios concursos internacionais e ten actuado como solista con orquestras como a Amsterdam Sinfonietta e a Orchestre des Lauréats do CNSMDP.

Ademáis da súa actividade como solista e músico de cámara, Pedro ten colaborado con varios conxuntos de música contemporánea, entre eles ars ad hoc, Ensemble New Babylon e Le Balcon, e participou en proxectos co Ensemble Intercontemporain durante os seus estudos. Traballou con compositores como Klaus Huber, Enno Poppe e Beat Furrer. Nos últimos años dirixe o ensemble Gesamtkunstwerk (anteriormente ars moderna), un proxecto que fundou en 2012 e que actualmente adícase á performance interdisciplinar e a exploración artística.