Presentación

Mateo Mena (Santiago de Compostela, 1983) é músico e deseñador de instrumentos musicais electrónicos. O seu traballo está centrado no desenvolvemento de novos instrumentos analóxicos e na súa posterior utilización musical en diferentes contextos creativos. Asemade imparte obradoiros nos cales aborda a nosa relación coa tecnoloxía musical dende unha perspectiva crítica e diferentes proxectos de divulgación científica sempre a partires da estética DIY .