Presentación
Licenciado en Belas Artes pola Universidade Complutense de Madrid, e doutor en Belas Artes pola de Salamanca, onde foi profesor durante once anos. Desde o ano 1996 é profesor de escultura na Facultade de Belas Artes de Pontevedra, centro do que foi Decano.
Dende 1990 expón individualmente o seu traballo de creación artística en diversas galerías de prestixio de Madrid, Barcelona, Valladolid, Sevilla, Zaragoza, Valencia… participando en diversas feiras de arte contemporáneo. Así mesmo, o seu traballo foi exposto en moitas exposicións colectivas de índole nacional e internacional en galerías e centros de arte de Vigo, Madrid, Barcelona, Bilbao, Burdeos, Valencia, Berlín, París, Hannover ou Amsterdam,
Comisariou e organizou diversas exposicións, en xeral vinculadas á súa tarefa docente. Desde 2014 ata 2018 foi coordinador da Sala X, Sala de exposicións do Campus de Pontevedra da Universidade de Vigo.