Presentación
Estuda en Amsterdam con George Pieterson e en Paris con Alain Damiens, obtendo o Primeiro Premio á Unanimidade en Clarinete e Música de Cámara. Estrena obras no Festival de Música Contemporánea de Madrid, Festival Vía Stellae. En 2001 actúa baixo a batuta de Myung-whun Chung na “Academia de música del S. XX” de París, e en 2004 é becado polo Festival “Acanthes” onde interpreta “Devenir” de F. Durieux co IRCAM. Actualmente é profesor de clarinete no CMUS Profesional de Vigo.