Presentación

Estudou percusión nos Conservatorios Superiores de Vigo e Castellón, na ESMAE (Oporto) e no Peabody Conservatory of Music (Baltimore, USA). Obtivo o Premio de Honra Fin de Carreira (1997), unha Mención de Honra no Concurso de Xuventudes Musicais de España (1999) e gaña ex aequo o III Ciclo de Novos Intérpretes da Fundación Barrié (1999). Colabora con diferentes orquestras e ensembles de música contempopránea cos que ten actuado en Europa, Centroamérica e Estados Unidos. É membro de Vertixe Sonora dende a súa fundación e director artístico do Ciclo de Música Contemporánea de Lugo “MIHLSons-XXI”.