Presentación

Iago Ríos Martínez estuda no Conservatorio de Música de A Coruña con Arturo Centelles. Durante dous anos recibiu clases de Jon Etterbeek na Escola de Altos Estudos Musicais de Galicia

Entre o ano 2001 e 2004 forma parte da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia, sendo o seu profesor Petur Eirikson. No eido da música contemporánea forma parte do Taller Atlántico Contemporáneo (TAC), e de Vertixe Sonora Ensemble. Participa nos proxectos camerísticos Omega Brass Ensemble, Galicia Brass e Hércules Brass Ensemble, entre outros. É colaborador habitual da Real Filharmonía de Galicia e foino tamén da Orquestra Sinfónica de Galicia, colaborando tamén con orquestras como a Sinfónica de Navarra e Orquestra de Castela e León.

Durante a tempada 2006-2007 forma parte da Orquestra Sinfónica de Extremadura como trombón coprincipal.

Dende o ano 2009 é profesor no Conservatorio Superior de música da Coruña.