Presentación

Principalmente activo como compositor e intérprete de música experimental, Ángel Faraldo estende o seu traballo cara a realización de electrónica e son ao vivo con ensembles e solistas como Modelo62, Opera2Day, Sillages, Frédérique Cambreling ou Naoko Yoshino, e moi especialmente, como membro de Vertixe Sonora. Estudou música electrónica no Instituto de Sonoloxía (NL) i é doutor pola Universidade Pompeu Fabra (Music Technology Group).