Presentación
Nada en Barcelona, estudou canto clásico e contemporáneo no Conservatori Superior de Música do Liceu e o Máster en Lied na Escola Superior de Música de Catalunya especializándose en música contemporánea.
Estudou principalmente con Dolors Aldea (discípula de Gérard Souzay) e Francisco Poyato, así como con Wolfram Rieger, Dalton Baldwin, Ulrich Eisenlohr, Burkhard Kehring, Cindee Sanner, Elena Copons ou Joan Martín-Royo.
Actuou en diferentes lugares de España, destacando o festival de Lied LIFE Victoria colaborando con Ian Burnside eRoderick Williams en Die schöne Magelone de Brahms.
Foi becada pola Fundació Victoria de los Ángeles e por Wolfram Rieger no Curs Internacional de Lied de Joventuts Musicals de Catalunya.
E membro de Vertixe Sonora desde 2021