Vertixe 14
Vigo, Pontevedra, Santiago de Compostela
2026
Trinta e tres estreas absolutas, vinteún concertos, espectáculos de danza, instalacións, tres países convidados.
Corea do Sur e España comparten sorprendentes similitudes: a importancia da familia, a reverencia polos maiores, a paixón pola mesa, a activa vida nocturna, unha forte cultura de socialización en bares e restaurantes… E tamén… a cólera de Trump por non teren participado na guerra contra Irán.
Se en España foron catorce (1959-73) os anos da miragre económica; en Corea do Sur serían trinta anos (1960-90) de sostido crecemento económico, industrialización e desenvolvemento tecnolóxico. A miragre do río Han. Pasou de ser un país devastado pola guerra a unha potencia global. Trala ditadura de Syngman Rhee (48–60), as sucesivas de Park Chung-hee (61–79) e Chun Doo-hwan (80–87) financiaron e protexeron aos grandes conglomerados familiares denominados chaebols, como Samsung, Hyundai e LG, priorizando a producción e exportación de bens manufacturados. Pero o custo en termos sociais resultou insoportable: horarios de traballo estremos, supresión dos sindicatos, aumento brutal das cotas de suicidio e brechas sociais insalvables entre os traballadores das empresas favorecidas e o resto da poboación. As protestas masivas do 87 deron comezo á transición democrática.
E agora? Agora mesmo, Corea do Sur arrasa. Son tempos do hallyu, o tsunami corerano: O K-Pop enche estadios (BTS, BLACKPINK, Stray Kids). Os K-dramas teñen récords de audiencia (O xogo da lura) e recoñecemento (Parásitos). A K-cuisine namora (kimchi, ramyeon, barbacoas). O K-Beauty é o novo estándar mundial de beleza. Seúl é a capital da moda urbana e as tendencias xuvenís. Son líderes tecnolóxicos con xigantes globais e cidades hiperconectadas, epicentro mundial dos deportes electrónicos (“e-sports”) e os grandes torneos de videoxogos.
Trala recente presentación de Vertixe Sonora en Seúl como principal convidado do Seoul Internacional Computer Music Festival 2026 (SICMF 2026), unha terapia de sanación de nós mesmos, do mundo e da natureza a través da música. En coprodución co Festival KEAMS, achegarémonos a rituais xamánicos e budistas, á música tradicional, ao Pansori, a obras electroacústicas de recente creación… Serán tres concertos coa presenza das extraordinarias Hyelim Kim (daegeum), So Sol-i (canto) e Bo-Sung Kim (percusión).
Tamén do Lonxano Oriente unha experiencia de peregrinaxe espiritual no Camiño Portugués. En Hyakuman-goku, o colectivo de compositores xaponeses, reflexiona sobre a relación entre música tradicional e vangarda con música electroacústica para biwa e sakuhachi. Un programa que nos traslada ao século XII cando a irrupción dos monxes budistas cegos biwa hōshi, levou ao cumio a tradición épica e narrativa do Xapón; e o shakuhachi comezou a súa enorme difusión como ferramenta para a meditación entre os monxes komusō da secta Fuke dentro do budismo zen (lembran a serie Kung Fu, 1972, con David Carradine?)
Namentras o ICE normaliza a expulsión de migrantes en EE.UU. e Europa externaliza fronteiras e deportacións; a afluencia masiva en Ceuta os días 30 e 31 de xullo voltou a situar os procesos migratorios no epicentro da realidade informativa. Vídeos de impacto e furia amplificada nas redes. Axustamento de contas xeopolítico e cuestionamento de Schengen en apenas 48 horas. Un conflito local que escala para situarse na listaxe de puntos críticos do planeta.
Pero a migración non sempre foi percibida en Europa coma un problema. Moitas veces era a solución: a única solución.
Dezasete músicos de Arxentina, Italia, Alemania e España lembran os procesos masivos de migración e nacionalización en Arxentina no século XIX e XX, cando as vítimas da pobreza e as guerras en Europa eran acollidas cos brazos abertos. Amplamente promovidos polo Governo Federal para fomentar o desenvolvemento e o crecemento da poboación, chegaron a ser consagrados no artigo 25 da Constitución de 1853! As familias da diáspora galega en Arxentina de actualidade pola chamada “Lei de Netos”. Será en tres concertos ao abeiro do 140 aniversario do nacemento de Castelao (1886-1950) figura fundamental na cultura, a política e a arte galegas, e símbolo humanista da emigración e o exilio galego. 140: MIGRATIO foi galardoado co Premio EFFEA Springboard da Fundación Europea de Festivaies para Artistas Emerxentes – EFFEA.
Pero hai moito máis:
En setembro tres concertos. O sábado 26 o pistoletazo de saída con dous seguidos no MARTÍN CÓDAX de Vigo: Primeiro REVELACIÓN de lago Ríos (Galicia) no Hall de Entrada ás 19:45h e ás 21:15h. Obras para trombón de Elena Mendoza e unha estrea mundial de Javier Ulla. Entremedias, ás 20h no auditorio TUDOR, Anxe Faraldo e Haine Lizarazu renden homenaxe a David Tudor (Filadelfia, 1926 – Nova Iorque, 1996) extraordinario creador e pianista americano, no centenario do seu nacemento. No MUSEO DE BELAS ARTES, en A Coruña o domingo 27 ás 12.30, FLUIDO. Haruna Takebe interpreta música para piano de Olga Neuwirth (Austria, 1968), Misato Mochizuki (Xapón, 1969) Liza Lim (Australia, 1966), Noriko Baba (Xapón, 1972) e Helga Arias (España, 1984)
Once concertos en outubro: O domingo 4 ás 12:30h no AUDITORIO MARTÍN CÓDAX de Vigo, LES VAMPIRES. Música de Nuria Giménez-Comas (Girona, 1980) para a serie muda de 1915 de Louis Feuillade. Completa o programa as estreas absolutas de Atousa Falamarzian (Irán/Austria), Javier Martí (Palma de Maiorca, 1989) e Vladimir Guicheff (Montevideo, 1986).
O xoves 8 ás 20h no Espacio de Arte SVT comeza o tríptico de música coreana en colaboración co festival KEAMS de Seúl. O primeiro concerto a cargo da incomparable Hyelim Kim por primeira vez en España. En I AM THE VISITOR HERE presentará seu monográfico para daegeum (frauta de bambú coreana) e paisaxes sonoras de Bath (Inglaterra) e do río Kinabatangan (Sabah, Malaisia). O PHANSORI, un cantante recitador e un percusionista de soribuk, é a estilizada tradición de contacontos que deu orixe ás artes escénicas en Corea. Poderedes experimentar unha versión actualizada o sábado 10 ás 18h no MARTÍN CÓDAX, Vigo. Con obras de Iván Ferrer-Orozco (México DF, 1976), Ramón Souto (Vigo, 1976). Pechamos a miniserie o domingo 11 ás 12:30h no MARCO en Vigo con HEALING MUSIC. Danzas, rituais xamánicos e budistas, oracións polos seres e a natureza… música tradicional coreana de sanación con So Sol-i e Bo-Sung Kim.
O xoves 15 ás 20h en ARTIKA, Vigo a grande coreógrafo ucrania, Alyna Belyagina e o artista sonoro Dominik Lekavski presentan o seu novo espectáculo GIVING BACK THE BLESSINGS. Entre a noite de club, o ritual folclórico e a paisaxe industrial, os xestos do “vogueing”, as tradicións de danza eslavas e os movementos cotiáns entrelázanse nunha coreografía sen centro. Un espazo entre a resistencia, o coidado e a esperanza radical, que culmina nunha danza circular colectiva (“khorowod” ou “kolo”) que convida a elixir: unirse, entregarse por completo ou permanecer á marxe. Un legado en circulación: compartido, inestable e vivo.
Na fin de semana do sábado 17 e domingo 18, HYAKUMANGOKU, que mistura os conceptos de errancia, música, narración e fe relixiosa. Será na Igrexa Conventual Monacal de San Domingos en Tui ás 20h e na Igrexa da Universidade ás 18h en Santiago de Compostela.
Do 23 ao 25 finde de música española. Sendos concertos do Grup instrumental de València que celebra os seu 35 aniversario e Zahir de Sevilla. O venres 23 ás 20h no AUDITORIO CMUS (Santiago de Compostela) solos, dúos, tríos…, 35 ANOS, no seu aniversario, o Grup Instrumental de València senta á mesa a José Luis Escrivà Córdoba, Laura Vega, Kaija Saariaho, Demian Luna e Oliver Rappoport, a estrea mundial da última obra de Joan Gómez Alemany, novo director artístico do Grup; música de Benet Casablancas no seu 70 aniversario, e Desde el Vértice (Alberto Arroyo, 2014) doce anos despois da súa estrea mundial en Correspondencias Sonoras, o mítico ciclo do CGAC.
O Zahir (Sevilla) visítanos co OPUS 26, o mítico quinteto de vento de Schoenberg (Viena, 1874 – Los Ángeles, 1951) e a estrea mundial da derradeira obra de Asenjo-Marrodán (Sevilla, 1978). Dous pases: o sábado 24 ás 18h no MUSEO DO MAR DE GALICIA en Vigo, e o domingo 25 ás 12:30h no MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS en Santiago de Compostela.
O sábado 31 ás 19h no MARCO, tócalle a quenda ao Miso String Quartet o novo artello animado polo incombustible Azguime. Steve Reich compara en DIFFERENT TRAINS a súa nenez privilexiada de xudeu americano collendo trens Los Ángeles – Nova Iorque coa súa institutriz Virxinia para visitar aos pais separados; cos trens do holocausto que tomaban os nenos xudeus en Europa entre 1939 e 42. Un documentario sonoro que inclúe vivencias personais de vítimas do Holocausto. Pero antes, o derradeiro cuarteto da finesa Kaija Saariaho e os cuartetos Vivarta da compositora rumana Doina Rotaru e Le Feu qui Dort e do Miguel Azguime.
Seis concertos en novembro. O primeiro, o domingo 1 de novembro ás 12:30h no MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS en Santiago de Compostela. QUE SE CONSUMEN EN AZUL, música española para saxofón só de Voro García (Sueca, 1970), José Luís Torá (Madrid, 1966) e Otero Moreira (Pontevedra, 1982) que traballa a partires da novela Un hombre que se parecía a Orestes (Premio Nadal, 1968) de Álvaro Cunqueiro.
Continúa o xoves 5 ás 18h no AUDITORIO DAVID RUSSELL, en Vigo. Borealis presenta MARXES, catro estreas mundiais de música portuguesa para frauta de pico, saxofón, piano e percusión de Francisco Ribeiro (Gaia, 2001), Ângela Da Ponte (Illas Azores, 1984), Rui Penha (Porto, 1981), Sara Carvalho (Ramalde, Porto 1970).
Seguimos o domingo 8, ás 18h no HALL DE ENTRADA DO EFICIO CASTELAO, no Museo de Pontevedra. Trátase de 140: MIGRATIO#1, unha homenaxe a Castelao (Rianxo, 1886 – Bos Aires, 1950) con música de Carlos Mastropietro (Bos Aires, 1958), Cecilia Pereyra (Bos Aires, 1977), Jose Manuel Serrano (Choele Choel, Río Negro, 1982), Beltrán Gonzalez (Bos Aires, Arxentina, 1991) e Luís Menacho (La Plata, 1973).
O sábado 14 ás 18h, Inés Filipe presenta un monográfico de música portuguesa para piano no AUDITORIO MARTÍN CÓDAX (Vigo). Obras de Sara Carvalho (Ramalde, Porto, 1970), Ângela da Ponte (Ponta Delgada, Açores, 1984), Solange Azevedo (Póvoa de Varzim, 1995), João Quinteiro (Lisboa, 1984) e Sara Ross (São Miguel, Azores, 1989).
O xoves 19 a ecléctica percusionista e compositora Lucía Martínez presenta un solo ás 20h en O ABRIGO, (Facultade de BB.AA., Pontevedra). É 140: MIGRATIO#2.
Con 140: MIGRATIO#3 remata este achegamento aos fillos do exilio e a emigración na Arxentina devastada de Milei. Será o domingo 22 ás 18h no MARTÍN CÓDAX en Vigo. Con música de Annachiara Gedda (Turín, Italia, 1986), Cecilia Arditto (Bos Aires, Argentina, 1966), Carolina Carrizo (La Plata, Argentina, 1966) e Ramón Souto (Vigo, 1976).
E o concerto final en decembro. RESONANT BODIES o xoves 3 ás 20h no SVT Espacio de Arte en Vigo conta coas estreas mundiais de Michelle Lou (San Diego, California, 1975) e Stefan Beyer (Braunschweig, Alemania, 1981). Un estudo da resonancia que experimenta con instrumentos innovadores: Lou traballa con diapasóns, efectos electrónicos e técnicas de gravación de campo; namentras Beyer emprega campás tubulares de vidro especialmente elaboradas.
Entrada de balde ata completar aforamento*
sábado 26.09, 19.45h e 21.15h | HALL AUDITORIO MARTÍN CÓDAX, Vigo
REVELACIÓN
Iago Ríos
sábado 26.09, 20h | AUDITORIO MARTÍN CÓDAX, Vigo
TUDOR
La membrana
domingo 27.09, 12.30h | MUSEO DE BELAS ARTES, A Coruña
FLUÍDO
Haruna Takebe
domingo 4.10, 12.30h | AUDITORIO MARTÍN CÓDAX, Vigo
LES VAMPIRES
Vertixe Sonora
xoves 8.10, 20h | SVT ESPACIO DE ARTE, Vigo
I AM THE VISITOR HERE
Hyelim Kim
sábado 10.10, 18h | AUDITORIO MARTÍN CÓDAX, Vigo
PHANSORI
Phansori project
domingo 11.10, 12.30h | MARCO, Vigo
HEALING MUSIC
So Sol-i, Bo-Sung Kim
xoves 15.10, 20h | TEATRO ARTIKA, Vigo
GIVING BACK THE BLESSINGS
Alyna Belyagina
*entrada: 11€
sábado 17.10, 20h | IGREXA SAN DOMINGOS, Tui
HYAKUMAN-GOKU
Junya Okochi, Nobuko Kawashima
domingo 18.10, 18h | IGREXA DA UNIVERSIDADE, Santiago de Compostela
HYAKUMAN-GOKU
Junya Okochi, Nobuko Kawashima
venres 23.10, 20h | CMUS Santiago de Compostela
35 ANOS
Grup instrumental de València
sábado 24.10, 18h | MUSEO DO MAR DE GALICIA, Vigo
OPUS 26
Zahir Ensemble
domingo 25.10, 12.30h | MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS, Santiago de Compostela
OPUS 26
Zahir Ensemble
sábado 31.10, 19h | MARCO, Vigo
DIFFERENT TRAINS
Miso String Quartet
domingo 1.11, 12.30h | MUSEO DAS PEREGRINACIÓNS, Santiago de Compostela
…QUE SE CONSUMEN EN AZUL
Pablo Coello
xoves 5.11, 18h | AUDITORIO DAVID RUSSELL (CPM de Vigo), Vigo
MARXES
Borealis
domingo 7.11, 18h | HALL DE ENTRADA EDIFICIO CASTELAO (Museo de Pontevedra), Pontevedra
140: MIGRATIO#1
Vertixe Sonora
sábado 14.11, 18h | AUDITORIO MARTÍN CÓDAX, Vigo
BAIXO AS TECLAS
Inés Filipe
xoves 19.11, 20h | O ABRIGO (FACULTADE BBAA), Pontevedra
140: MIGRATIO#2
Lucía Martínez
domingo 22.11, 18h | AUDITORIO MARTÍN CÓDAX, Vigo
140: MIGRATIO#3
Migratio Collective
xoves 3.12, 20h | SVT ESPACIO DE ARTE
RESONANT BODIES
Vertixe Percussion Quartet
Entradas de balde ata completar aforamento
Sobor LES VAMPIRES
Participantes: María Giménez-Comas (ES)
venles 2 de outubro, 12h | Biblioteca CSM VIGO
Sobor PHANSORI
Participantes: Iván Ferrer-Orozco (MX), Ramón Souto (ES)
9 de outubro, 12h | Biblioteca CSM VIGO
Sobor 140: MIGRATIO
Participantes: Cecilia Arditto (AR)
venres 20 de novembro, 12h | Biblioteca CSM VIGO
Sobor RESONANT BODIES
Participantes: Michelle Lou (EEUU), Stefan Beyer (GER)
mércores 2 de decembro, 12h | Biblioteca CSM VIGO
David Tudor: circuitos como partituras
HAIZE LIZARAZU
25 de setembro, 13h | Aula Polivalente CSM VIGO
Narratividade e referencialidade
PABLO CHIN
27 de setembro, 12h | Auditorio ANDRÉS GAOS
Uruguai contemporáneo
VLADIMIR GUICHEFF
30 de setembro | Auditorio ANDRÉS GAOS
2 de outubro, 12h | Biblioteca CSM VIGO
A música tradicional como vangarda en occidente
HYAKUMANGOKU
Participantes: Nobuko Kawashima, Junya Okochi, Masataka Matsuo, Toshio Nakagawa, Rui Ogawa, Shin Hashimoto, Yasunoshin Morita
venres 16 de outubro 10-12h | Aula Polivalente CSM VIGO
CORPO E CORPO
Vladimir Guicheff
30 de setembro 16-20h, 1 de outubro, 10-14h | Auditorio ANDRÉS GAOS
QUE SE CONSUMEN EN AZUL
Ramón Otero
mércores 14 de outubro, 12h | CSM A CORUÑA
data e espazo por determinar
PALILLEIRAS
Asociación de Palilleiras de Mos
mércores 28.10, 20h | Lugar por determinar
CORPO E CORPO
Alisio Ensemble
data e lugar por determinar
GRUPO DE PERCUSIÓN DO CMUS PROFESIONAL DE VIGO
varias datas e espazos
IMPERMANENCIA
Monográfico Xoan Anleo
diferentes datas e espazos
PRÁCTICAS DE MESTRADO