Vertixe 12

Un soño

Friday 1 November / 20:00H
MARCO
Vigo

“¿Son acaso negra?” – díxenme ¡Sí! “Qué cousa é ser negra?” Negra!
E eu non sabía a triste verdade que aquelo agochaba. Negra!
Victoria Santa Cruz
Compositora, coreógrafa e deseñadora peruana

É normal que os humanos repitan patróns e comportamentos ao longo do tempo, o que pode dar a impresión de que o “novo” se repite. O Movemento polos dereitos civís nos Estados Unidos foi unha longa loita para estender o acceso pleno os dereitos civís e a igualdade ante a lei sobre todo aos cidadáns negros. O boicot de autobuses de Montgomery no 55 iniciou unha protesta ininterrompida que rematou luctuosamente co asasinato de Martin Luther King no 68. Esta loita tivo reverberancias en múltiples formas nos Estados Unidos até os nosos días. Unha delas é o actual Black Lives Matter, activo dende o 2013, en contra da violencia e do racismo sistémico dos policías brancos cara aos negros.

Nun momento de extraordinaria efervescencia dos discursos de odio na discusión pública e cando recentes acontecementos nacionais e internacionais parecen cuestionar o avance e o progreso das nosas sociedades, confrontándonos co abismo, propoñemos un programa que presenta unha relación de novas composicións especialmente escritas para a oboísta Pilar Fontalba arredor desta temática.

MATEU MALONDRA Oboe modular (2024)
JUAN MEDINA (2024)
NICOLÁS VERIN Da terra do alento (2024)
MIKEL CHAMIZO Kaia (2024)
MANUEL MARTÍNEZ BURGOS Teño un soño (2024)

COLECTIVO E7.2 Pilar Fontalba oboe | Pablo Requetibe deseño escena e luces | Iván Ferrer-Orozco, medios electrónicos