Outros 2021
Concerto

Un pecado cheo de pracer

Yulan Yu, Manuela Guerra, Carolina Cerezo, Eda Er, Alyssa Aska

Friday 25 June / 20:30H
Entrada libre previa inscrición
Xornadas de Música Contemporánea 2021 - Auditorio de Galicia
Santiago de Compostela

O verso da poeta iraniana Forugh Farrojad (1935-1967), acubilla as estreas mundiais de Yulan Yu (China, 1990), Eda Er (Turquía, 1989), Alyssa Aska (EE.UU., 1985) e Manuela Guerra (Italia, 1996) na celebración dos 10 anos de Vertixe Sonora. Unha reivindicación da creación feminina actual na súa impoñente diversidade que se completa coa presentación de La peaux douce (2021), a derradeira obra de Carolina Cerezo (España, 1993).

Na procura de emocións compartidas, camiñaremos adiante e atrás no tempo reelaborando unha historia musical da sororidade —máis transversal, máis elíptica e máis matizada—, a través do fío de complicidades que a sensibilidade das mulleres leva tecido ao longo dos tempos. O mundo interior das mulleres nos epigramas de Nossis na Italia do século III a. C.; a concepción da feminidade no mito bíblico de Lilith ou no pensamento taoista; a intimidade de goces relacionados coa fisicidade, o tacto e a pel; o tormento da obsesión en Pigmalión; a rebeldía contra siglos de opresión que condenou á infelicidade a tantas mulleres porque aínda escandaliza a súa insobornable liberdade vital… Unha relectura da arte, da literatura, dos mitos e da historia en clave contemporánea coma homenaxe ás creadoras que nos precederon.

Yulan Yu (China, 1990) Lilith* (2021) para piano amplificado, soporte fixo e vídeo
Manuela Guerra (Italia, 1996) Poème du mal* (2021) para voz e piano
Carolina Cerezo (España, 1993) La peaux douce** (2021) para óboe amplificado, cinta e catro resoadores
Eda Er (Turquía, 1989) O que algúns chaman virtude, outros pecado*  (2021) para óboe, piano, soporte fixo e video
Alyssa Aska (EE.UU., 1985) Nossis*  (2021) para voz, óboe, piano

*Estrea mundial. Comisionada por Vertixe Sonora
** Presentación en Galicia.

VERTIXE SONORA Adriana Aranda voz | Pilar Fontalba óboe | Haruna Takebe piano e teclados