vertixe 10
Cardinais. Academia Internacional

Tempo 1

Thursday 25 August / 18:30H
Abadía da Cova - Adegas Moure

Concerto ao ar libre*. Entrada libre ata completar aforamento.
Abadía da Cova – Adegas Moure
Dirección:  Lugar, 63, 27548 Cuñas, Lugo

*Se desexa completar a experiencia coñecendo a adega e degustando unha selección de caldos pode reservar no seguinte enlace ou na propia web de Adegas Moure.

 

“As cousas do mundo trenzan danzas a diferentes ritmos”.

Carlo Rovelli

Proxecto performativo e itinerante de expansión e compresión temporal que reflexiona sobre a dimensión non lineal do tempo cuántico.

Non hai agora, nin presente global obxectivo para o universo, nin antes, nin despois, no mundo sen tempo das micropartículas na súa gramática elemental. Só unha rede de interaccións de eventos entre si. A temporalidade é así unha perspectiva que corresponde a mundo ao que pertencemos, unha perspectiva da que non podemos liberarnos.

TEMPO é ademáis o derradeiro traballo discográfico de Pilar Fontalba que reflicte a necesidade de deixar testemuño dun novo repertorio escrito especialmente para ela. Creacións que nacen da experimentación co oboe e o oboe barítono, froito dun estreito traballo realizado entre os autores e a intérprete.

Nesta primeira intervención preséntase Wemilere a Yemayá y Oshún de Louis Aguirre (1968 Camagüey, Cuba). A obra é un ritual, o que acontece na cabeza dunha sacerdotisa en estado de posesión e transo, onde os deuses e os antepasados ​​falan por ela.

GERMÁN CANCIÁN Brisa para óboe solo.
LOUIS AGUIRRE Wemilere a Yemayá y Oshún. monodrama para óboe solo

Pilar Fontalba, óboe | Pablo Ramos, dirección e concepción escénica