Ritual
Jean-Etienne Sotty
A presenza do Ensemble Regards e a Compañía Vahram Zaryan, por primeira vez en España, deixaranos dous espectáculos que aúnan música, poesía, danza, mimo e circo contemporáneo.
No primeiro deles, achégannos as posibilidades expresivas do acordeón microtonal interpretado por Jean-Etienne Sotty misturado coa electrónica en vivo a través das obras de Daniel Alvarado Bonilla, Giulia Lorusso e Vincent Trollet.
programa
DANIEL ALVARADO BONILLA Ritual III para acordeón microtonal
GIULIA LORUSSO Con Moto para acordeón microtonal e dispositivo electrónico en tempo real
VINCENT TROLLET Oblique – suite para acordeón microtonal e dispositivo electrónico en tempo real
ENSEMBLE REGARDS [intérpretes neste concerto] Jean-Etienne Sotty acordeón | Victor Huguenin, realizador de informática musical