Outra volta de torca
Nos últimos anos a música contemporánea internacional ten vivido unha transformación tan profunda de procederes e estéticas, intereses e motivacións, orgánicos e tecnoloxías que costa crer que esteamos a falar do mesmo tipo de experiencia sensible capaz de acoller con semellante flexibilidade intervencións tan alonxadas cando non excluíntes. Esta proposta da conta desa transformación en España confrontando a obra de dous mestres consolidados cunha música que sempre é un pracer volver a escoitar en directo e a voz fresca de dúas novas compositoras abríndose camiño en Europa.
José Luís Torá wq.132 à creux perdu (2017) saxofón tenor preparado e amplificado
Alberto Bernal (neo)liberal systems #2 «crescendo» (2019) óboe, saxofón, viola, piano, electrónica en vivo
Esther Calderón Despertar en llamas * (2023) óboe, saxofón, viola, piano, electrónica en vivo
Pilar Miralles Ya no siento el deslizamiento, los roces del tiempo* (2023) luces parpadeantes, dúas radios, cinta, viola, piano
*estrea mundial