V Festival Vertixe Sonora 2017
Luthería experimental 2017
Obradoiro

Intonarumori. Obradoiro de lutería con material de refugallo

Severino García Seijo, Ramón Souto

Tuesday 10 October / 12:30H
IES de Mos
Mos

En marzo de 1913 o pintor e compositor italiano Luigi Russolo escribía unha carta ao seu amigo e compositor futurista Francesco Balilla Pratella na que sinalaba: “Hoxe en día, a máquina creou tal variedade de ruídos, que a monótona lixeireza do son puro xa non nos provoca emoción algunha”. Tamén propuña “romper este círculo restrinxido de sons puros e conquistar a variedade infinita dos sons-ruídos” así como “substituír a limitada variedade de timbres que unha orquestra procesa […] pola infinita variedade de timbres que se atopan nos ruídos”. Coñecida como A arte dos ruídos esta carta-manifesto é un dos máis importantes e influíntes textos de estética musical do século XX. Russolo adicouse entón a investigar, inventar e crear e compoñer música cos intonarumori, unha familia de instrumentos musicais xeradores de ruído acústico que permitisen controlar dinámicas e alturas en diferentes tipos de ruídos.

A orquestra futurista conseguiu reproducir mecánicamente 6 familias de ruídos :
1: Ruxidos con xis, tronidos, explosións, ruxidos, bangs, booms
2: Asubíos, xisss, puff
3: Voz baixa, murmurar, musitar, gorlar
4: Rechíos, humms, fregar, craquelar, caír das follas
5: Sons obtidos mediante o golpear de: metais, madeiras, peles, pedras, cerámica etc.
6: Voces de animais e de xente: berros, laios, choradas, cascabeis, ouveos, ladros, etc

Lamentablemente ningún dos dispositivos orixinais sobreviviu á II Guerra Mundial, tan só conservamos fotografías, a descrición e o deseño dos instrumentos orixinais e algunha partitura. Tomando como referencia estes documentos Severino García Seijo propúxose crear os artellos de Luigi Russolo documentando o proceso de elaboración. Nesta sesión explicará esa investigación, insistindo nas características acústicas e expresivas que ofrecen os diferentes enseños para o seu aproveitamento en contextos musicais.

Con máis de 30 anos de experiencia traballando a arte da carpintería Severino García Seijo posúe un coñecemento preciso das posibilidades acústicas de diferentes materiais físicos. Dende fai cinco anos a súas inquedanzas musicais comezaron a manifestarse nun interese progresivo na exploración de novos artefactos acústicos que posibilitaran ampliar a gama de sons controlados mecánica e eléctricamente para o seu uso en contextos de vangarda sonora experimental.

Co obradoiro artesán Severino García Seijo
Co patrocinio da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño.