VI Festival Vertixe Sonora 2018
Alien 2018
Masterclass

Novas perspectivas en torno ao saxofón.

Ricard Capellino

Saturday 27 October / 16:30H
Casa da Luz

Horario: 16.30-19.00h.

Masterclass e presentación da publicación de Sis i Set Didàctiques Musicals co mesmo título.

Froito do traballo investigador detrás de Veredas e escrito a dúas mans por Alberto Posadas e Ricard Capellino,  Nuevas perspectivas en torno al saxofón. De la exploración sonora a la composición supón unha achega extraordinaria no campo da exploración instrumental para saxofón no noso país. Unha aproximación que descobre novas posibilidades tímbricas, técnicas e musicais do instrumento dispoñibles para a creación sonora contemporánea.

 

Ricard Capellino

Nace en Sueca (Valencia) e pronto inicia os seus estudos musicais nesta localidade recibindo clases de numerosos profesores como F. Pérez, A. Ripoll, E. Pérez ou J. de la Vega, e recibindo cursos de perfeccionamento de profesores como M. Miján, A. Gomis, Daniel Kientzy, Jean-Ives Formeau, Daniel Deffayet, Jean-Marie Londeix, Claude Delangle, Marie-Bernardette Charrier e Marcus Weiss entre outros.

Entre a súa ampla carreira artística, a destacar diversos premios e o ser finalista en concursos tanto nacionais como internacionais, así como obter tanto o Título de Profesor, como o de Profesor Superior, coas máis altas cualificacións e “Mención Honorífica” por unanimidade no C.S.M. “Joaquín Rodrigo” de Valencia.

Desde 1999 pertence ao corpo de Profesores de Música e Artes Escénicas e exerce a súa faceta pedagóxica en diversos Conservatorios Profesionais de Música, sendo convidado en ocasións a impartir master-clases e conferencias en prestixiosos centros nacionais e do estranxeiro.

Ricard Capellino interpreta exclusivamente con saxofones SELMER-París.