LATEXOS 22
Cardinais. Academia Internacional
Concerto

Música para 18 Músicos

Steve Reich

Sunday 4 September / 13:00H
Festival C | Teatro Principal
Santiago de Compostela

TRAS A SUSPENSIÓN DO MARTES 30 DE AGOSTO, NOVA DATA NO TEATRO PRINCIPAL: DOMINGO 4 SETEMBRO, 13H

 

«Música para 18 Músicos non só é unha das grandes composicións de Steve Reich, senón unha das obras que pode reclamar con razón

 ter alterado o curso da música occidental». Con esta rotundidade expresábase o crítico musical K. Robert Schwartz ó respecto dunha obra xa lexendaria no repertorio da música occidental, cuio segredo quizais radique nun eclecticismo que mestura de maneira maxistral influencias da música medieval occidental, nomeadamente de Perotin, e as tradicións musicais de África e Asia. En Música para 18 Músicos (1976) Reich trata ademáis de representar con instrumentos occidentais a tímbrica da música do gamelán balinés concretamente os estilos Semar Pegulingan e Gambang, que aprendera na American Society for Eastern Arts (Seattle) e en Berkeley (California) nos anos 73 e 74.

O compositor

Steve Reich (Nova Iorque, 3 de octubre de 1936) é un dos compositores vivos máis influintes da sua xeración. Un autor, cunha ampla gama de obra mestras, capaz de abrir vías orixinais e refrescantes na tradición musical contemporánea e establecer un aceno distintivamente americano na música do noso tempo. Obra e ideas que xogaron un papel fundamental na transformación e evolució

n das técnicas e linguaxe musicais do século XX e principios do XXI introducindo e desenvolvendo unha música de procesos, onde a experimentación con novas tecnoloxías, a repetición de motivos (ás veces de orixe popular ou jazzística) e os procesos matemáticos naturais, xeran texturas microrrítmicas de grande orixinalidade e beleza.

O minimalismo

Nun dos seus primeiros escritos, de 1967, Reich xa fala de propostas breves, contundentes e enérxicas, que poden considerarse como un manifesto da música minimalista: “O que me interesa é a perceptibilidade do proceso posto en marcha: unha música onde proceso e o son xúntanse. Executar e escoitar un proceso musical gradual é como tirar dun columpio, soltalo e observar o seu regreso gradual á inmobilidade; como virar un reloxo de area e ver como a area escorrega lentamente polo outro lado do reloxo de area.”

Estes procesos pódense observar en obras de referencia de Reich como Piano Phase, Pendulum Music ou Drumming, onde Reich tamén aplica a idea de “phasing”; é dicir, a súa intervención na elaboración de longos procesos de sincronización e desincronización dun material determinado, que na súa confrontación produce ilusións acústicas moi interesantes dende o punto de vista microtemporal. Nas primeiras obras de Reich, a súa idea central era seguir o proceso natural do fenómeno, sen, por así dicir, aplicar a acción directa do compositor en termos de xesto, forma ou intuición propia como artista: unha música que fomente a reflexión en relación cos fenómenos naturais, e o abandono do tempo dialéctico, como na continuación dos canons clásicos da música.

O ensemble

A través de Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022, os solistas de Vertixe Sonora ofrecen un marco pedagóxico de formación para que intérpretes de diferentes especializades instrumentais, xóvenes músicos no inicio da súa carreira, poidan participar de contextos de traballo profesionais no eido da música contemporánea. Un contacto coa realidade musical de vangarda que abarca tódalas dimensións de realización dun proxecto dende o seu inicio ata a súa presentación pública.

A convocatoria estivo dirixida a músicos próximos a rematar os seus estudos interesados ​​en afrontar os especiais retos da música nos séculos XX e XXI. Despois de un arduo proceso de selección, audicións e ensaios parciais durante todo o ano inician as sesións intensivas nas que participan solistas de Vertixe Sonora e participantes do programa.

VERTIXE SONORA E PARTICIPANTES EN CARDINAIS. ACADEMIA INTERNACIONAL VERTIXE SONORA 2022 Daniela Antunes, Laura Candame, Sara Perez, e  Sara Reija voces | Xoán Carro violín | Daniel Veiga e Victoria Oropeza clarinete en si b e clarinete baixo | Rubén Canedo violonchelo | David Durán, Luis Ángel Martínez, Haruna Takebe e Gloria Uzal piano | Pablo Carballeira, César Fouce, Ismael Moeda, Marcos Roca, Lucas Souto, Pablo del Valle e Diego Ventoso percusión | Iván Ferrer técnico de son | Enrique Martínez dirección vocal

 

LATEXOS. Actividade subvencionada pola Deputación da Coruña