Memoria Sonans #1
No Para o marco do XVI Circuito Musikagileak, Vertixe Sonora activa o espazo do histórico Museo San Telmo como un corpo resonante: un diálogo entre pedra, aire e tecnoloxía. O percorrido iníciase con Hodeiertz (1997) de Ramón Lazkano, suxerencia tímbrica dunha línea curva de horizonte; continúa con Geografía del pliegue (2014) de Abel Paúl, que, mediante transductores sobre superficies metálicas, dobra e desdibuxa identidades instrumentais, unha obra que «sucede dentro dun metafórico pregue sonoro»; e con B-Side (2023) o compositor mexicano Víctor Ibarra desprega un exquisito texido de precisión armónica e energía rítmica.
En Vertex / Inner Red (2025), Jeremías Iturra traslada a enerxia pictórica de Richard Anuszkiewicz ao espazo musical. Culmina Francisco Domínguez coa estrea de Memoria Sonans, harriak dardaraz (2025) —«aa memoria soando, as pedras tremendo»—, unha peza site-specific con electrónica en vivo que fai do propio museo un instrumento.