I Am the Visitor Here
Hyelim Kim
Unha experiencia inmersiva na natureza. Paisaxes sonoras compostas por Hyelim Kim para daegeum, a flauta tradicional coreana, e gravacións de campo…
“I Am the Visitor Here” é un monográfico a partir de gravacións de campo realizadas preto de Bath (Inglaterra) e ao longo do río Kinabatangan en Sabah (Malaisia). O “daegeum” é unha frauta de bambú transversal coreana de gran tamaño que conta cunha membrana característica que produce un son vibrante; nesta obra, o seu son establece un diálogo con ditas contornas gravadas. Estreada en Kuala Lumpur en agosto de 2026, a obra plantexa que significa entrar nunha contorna como visitante en lugar de como propietario. Lonxe de tratar o son ambiental simplemente como material de composición, Kim sitúa o “daegeum” nunha relación cambiante coas presenzas gravadas, explorando a escoita, a distancia, a memoria e a forma en que nos atopamos con lugares, contornas e outras persoas a través de diferentes contextos culturais.
Desenvolvida co apoio do programa *Connections Through Culture* do British Council.
Foto: Kathryn Chapman