Homenaxe a Francisco Toledo
Como resultado da residencia artística que o compositor mexicano Victor Ibarra vén de desenvolver o derradeiro ano en Vigo froito da colaboración co programa Ibermúsicas e o FONCA de México, presentamos Homenaxe a Francisco Toledo. Recorrendo algunhas das súas persistentes monomanías, Victor Ibarra presenta un minucioso e sistemático traballo de orfebrería sonora, salpicado de impulsivas e incontroladas ráfagas de improvisación libre e unha recurrente e obsesiva presenza das imaxes. As estreas mundiais de Henrik Denerin e Madamme Cell reflexan ámbolos dous estremos da súa investigación. En Madamme Cell atopamos a un dos maiores e libérrimos ácratas salvaxes sonoros peninsulares e en Denerin a un compositor refinadísimo da grande escola nórdica. Tres estreas mundiais coas que clausurar a presente edición do vertixeVIGO.

co apoio de IBERMUSICAS e o FONCA (México)
+ info: http://www.vertixevigo.net/

EM: Estrea mundial