Outros concertos e actividades 2019
concerto

GRYLLIDAE

Buzz

Thursday 21 March / 19:00H
Escaleiras do MARCO
Vigo

Coa colaboración do biólogo José María Sánchez Fernández da UVigo, do enxeñeiro Xosé Manuel Lemos, do Obradoiro Artesán en Madeira de Severino García Seijo e de Blanca Viñas.

En setembro de 2017, unha morea de diplomáticos da embaixada estadounidense na Habana informaron de síntomas como mareos, vertixe, confusión mental, sordera parcial e lagoas no vocabulario básico, supostamente causadas pola exposición a sons persistentes de orixe descoñecida. Investigacións posteriores confirmaron que os rexistros coincidían nitidamente co canto dos Anurogryllus celerinictus macho fregando lubricamente as súas escleróticas ás durante o cortexo.

Baixo o alcume de Buzz e con transductores electroacústicos modificados, Mateo Mena e Ramón Souto reproducen as músicas de estrutura regular e notable complexidade destes ortópteros descritos por primeira vez no ano 1973 por Thomas J. Walker: duración, repetición, intensidade, estabilidade e oscilación.

A través do IGAS —Instituto Galego de Sonoloxía, a UVigo e Vertixe Sonora desenvolven proxectos de experimentación sonora na intersección de arte, ciencia e tecnoloxía e promocionan colaboracións internacionais que aúnan arte e novos medios participando activamente nun desenvolvemento sostible, racional e significativo de tecnoloxías de futuro.

vídeos