Eloxio do mínimo
Eloxio do mínimo
martes 30 de xuño ás 20.30 h Casa do Saber, Lugo
con Alberto Bernal (compositor) e Federico López Silvestre (investigador de arte contemporánea)
En Eloxio do mínimo iniciamos unha conversa entre Federico López Silvestre e o compositor Alberto Bernal a partir de propostas artísticas e pezas musicais baseadas no uso dun material extremadamente reducido. De Liszt a Spahlinger, estas pezas proclaman con voz queda que o pequeno é fermoso. Unha constante histórica lonxe dos grandes fastos. Miniaturas que empequenecen o mundo para xogar con el, pero tamén para o abranguer. Un retorno ao pequeno, esa é a mensaxe; e, para abrir boca, unha boa dose de praceres minguantes.
programa
Peter Ablinger, Weiss/Weisslich no 7 Wall Deawing, para soporte fixo estéreo (instalación á entrada) Luc Ferrari, Presque rien, para soporte fixo estéreo (fío sonoro)
Franz Liszt, Il penseroso, para piano
La Monte Young, Étude 1960/7, para acordeón e violín
Giacinto Scelsi, L’âme ailée – L ́âme ouverte, para violín só
Alberto Bernal, Eloxio do ausente, para piano de xoguete e altofalante de vibración
Mathias Spahlinger, Kairos, para violín, acordeón, piano e percusión
VERTIXE SONORA
Mario Peris, violín/ Vadzim Yukhnevich, acordeón / David Durán, piano / Diego Ventoso, percusión