Outros concertos e actividades 2017

Electric-Xperience II

19/6/2017 - 9/5/2017
0€
Casa das Campás
Pontevedra

Segunda das actuacións do Proxecto Alien de Vertixe Sonora nesta xornada. Centrado no fomento da música contemporánea no eido educativo, este proxecto é o resultado do labor formativo que os solistas de Vertixe Sonora desenvolven con novos e novas intérpretes. Neste caso, o resultado do traballo realizado polo seu saxofonista e director musical, Pablo Coello, co alumnado do conservatorio coruñés.

Composicións de Christian Lauba, Christophe Havel, José Manuel López, Gérard Grisey, Sofía Gubaidulina e Germán Alonso para saxofón e electrónica

ALIEN Moisés Barreiro, Xurxo Fernández e Lucas Guzmán saxofóns