Durban
entrada de balde ata completar aforo
VERTIXE SONORA comprácese en presentar o espectáculo durban no marco da III edición do Festival SON de musicadhoy/ operadhoy
sobor dunha instalación visual de isaac pérez vicente e coa participación dos artistas sonoros kamen nedev (acoustic mirrors) e ángel faraldo, e a colaboración da poetisa maría salgado, o dramaturgo carlos álvarez ossorio e o cineasta juan laguna (bereberia) as estreas absolutas de fran mm cabeza de vaca, ramón souto e xacobe gaspar e a presentación en españa de 24 de manuel rodríguez valenzuela e incertidumeentremezcladasuperposta de joan bagés i rubí.
durban pulsa as tensións emocionais da urbe e reflexiona sobre arte cidadanía e espazo público confrontando diversas conformacións da escoita en contornas urbanas.
hai unha invitación tácita a explorar. dende a intuición que liberan lecturas discrecionais.
común espazo de relación, deriva acústica, itinerancia sonora, pegadas que o paso do tempo adhire á nosa pel e torna indescifrabeis.
acompaña o espectáculo a instalación visual rastros dunha cidade (2013) de ISAAC PÉREZ VICENTE
deseño de luces: Carlos Álvarez-Ossorio | proxección Juan Laguna | deseño gráfico: Isaac Pérez Vicente
EM: Estrea mundial
EES: Estrea en España
Carlos Álvarez-Ossorio