Different trains
Miso String Quartet
Steve Reich (Nova Iorque, 1936), que celebrou o seu 90 aniversario o pasado sábado 3 de outubro, creou en Different Trains (Queen Elizabeth Hall, Londres, 1988) un réquiem polas vítimas do Holocausto. Un documentario sonoro a propósito das “diferentes” experiencias de viaxar en tren a inicios dos corenta, rexistrando entrevistas a: Virxinia a súa querida institutriz que tantas veces o acompañara nas longas viaxes do traxecto Los Ángeles – Nova Iorque (e xa con 70 anos no momento da gravación); Lawrence Davis mozo de tren a cargo dos coches-cama nese traxecto (a gravación foi feita cando estaba xa xubilado e contaba con 80 anos); e Rachella, Paul and Rachel vítimas do Holocausto da idade do propio Reich (con 52 anos no momento da gravación). Asemade inclúe sons pregravados de trens dos anos 40 e 50. E a un cuarteto de cordas (na versión orixinal o Kronos) que se funde coas voces imitando a súa prosodia (acento, entoación, ritmo, ton, etc.).
Por mor da separación dos seus pais Reich viaxara moitísimo en tren durante a nenez (entre 1939 e 1942). Los Ángeles: súa nai, a cantante e compositora xudía June Sillman, estableceuse alí trala súa separación. Nova Iorque: lugar de residencia do seu pai, o avogado xudeu Leonard Reich. Different Trains xurde precisamente na comparativa entre a luminosa memoria destas emocionantes e románticas viaxes acompañado da súa querida institutriz Virxinia; e as terroríficas lembranzas dos nenos xudeus nos trens da morte aos campos de exterminio en Europa.
Pero antes, o derradeiro cuarteto da finesa Kaija Saariaho (Helsinki, 1952 – Paris, 2023) Terra Memoria (2007) e os cuartetos Vivarta (2009/2017) da compositora rumana Doina Rotaru (Bucarest, 1951) e Le Feu qui Dort (2007) do sempre incombustible Miguel Azguime (Lisboa, 1960).