Desprazamentos da codia
“A comunidade científica especializada na materia leva varios anos analizando os datos recollidos nas últimas décadas sobre o movemento do manto telúrico e da codia terrestre en relación co núcleo do noso planeta, e ven, non sen preocupación, mostras e sinais que indican movementos “atípicos”; coma se estas capas que forman o noso planeta estivesen a xirar en sentidos opostos. Certo ou non, a mera idea de que algo deste tamaño e peso presente movementos como os descritos anteriormente parece fascinante”. Así presenta o colombiano Leonardo Idrobo (Santiago de Cali, 1977) o seu novo traballo. E a nós parécenos fascinante traer no mesmo programa seis estreas mundiais de creadores entre os que se atopan, ademáis de el, a artista multidisciplinar coreana Jiwon Seo (Korea, 1993), o chileno Rubén Soto Kemp (Santiago de Chile, 1976), os colombiano Camilo Méndez (Bogotá, 1981), o mallorquín Mateu Malondra (Palma de Mallorca, 1977) e o danés Christian Winther Christensen (Zealand, 1977). Un auténtico corremento de terras. Obras para ensemble con Francesc Prat na dirección e a soprano danesa Clara Stengaard Hansen coma solista.
EM: Estrea mundial
1Co apoio de University Grants Committee
2Co apoio de Prohelvetia
3Co apoio de Koda Music