Cirrus
Estreas mundiais de Natalia Solomonoff, Mary Bellamy, Juan Pablo Carreño e Anselmo Ugarte. Natalia Solomonoff adica a súa obra ao ancestral e insondable Paraná que nutre e abraza a cidade de Rosario (Arxentina), o seu lugar no mundo. Mary Bellamy pasma mirando nubes, os cirros: de grande altitude, delgadas como fíos, que se desprenden de parches de cristais de xeo. Juan Pablo Carreño loita con unllas e dentes por espazos de supervivencia como unha oleaxe de enerxía resiliente. Anselmo Ugarte “soña con paxaros dende unha casa de madeira” inspirado por textos do poeta lárico Jorge Tellier (1935-1996).
Entrelazando as diferentes obras do programa Rozamento/ Rozadura un ciclo de miniaturas a partires do ruído blanco concebida por Ramón Souto para público e ensemble e desenvolvida en colaboración con Raquel García Bragado e Blanca Viñas co alumnado do IES San Paio de Tui, o Colexio Plurilingüe San José de la Guía e convidados.
Proxecto financiado polo INAEM, Ministerio de Cultura y Deporte
Financiado pola Unión Europea-Next Generation EU