Música e Arte: Correspondencias Sonoras 2012
Conferencia

CAUSAL

24/11/2012 - //
CGAC
Santiago de Compostela


CAUSAL 1. relativo ou pertencente á causa. 2. que expresa ou introduce a causa. Diccionario RAG

o encontro

cAuSaL. I Encontro internacional de composición quere ser un espazo de encontro e discusión arredor da composición de música contemporánea. Este proxecto coproducido coa Universidade de Santiago de Compostela, forma parte do ciclo Música e Arte. Correspondencias sonoras que organiza o CGAC e desenvolve Vertixe Sonora.

Neste primeiro encontro contarase coa participación dos compositores: Xacobe Gaspar (Mos, 1975), Esaias Järnegard (Estocolmo, 1983), Alexander Khubeev (Perm-Rusia, 1986), Matthias Kranebitter (Viena, 1980) e Simone Movio (Italia, 1978) que pertencen á máis recente xeración de compositores europeos o que permitirá coñecer as últimas tendencias no eido da composición. Todos eles concibiron obras para o concerto efémero relacionado coa exposición do artista galego-brasileiro Fernando Casás o agora xa foi e o denantes será.

Os compositores falarán da súa música e dos procesos creativos asociados que se agochan detrás do seu traballo. O encontro completarase con ensaios abertos das obras comisionadas por Vertixe Sonora Ensemble aos cinco compositores convidados o que suporá unha oportunidade única para ver o traballo directo entre unha ensemble especializada e os compositores.

cAuSaL está aberto a compositores, instrumentistas, estudantes e todas as persoas interesadas na música contemporánea que desexen asistir para o que só é preciso realizar a inscrición.

CONFERENCIAS/sábado 24 de novembro
10.45 Presentación
11:00 – 13.30h Jacobo Gaspar e Simone Movio
16:30 – 20.30h Matthias Kranebiter, Esaias Järnegard e Alexandre Khubeev

ENSAIOS/  domingo 25 de novembro
11:00 – 14:00h Ensaios abertos con compositores

Ademáis Vertixe Sonora Ensemble tamén organiza encontros individuais cos compositores para aquelas persoas que estean  interesadas. Os devanditos encontros teñen un custo de 60€, 90€ ou 120€ segundo sexan un, dous ou tres os encontros individuais nos que se queiran matricular. Para mais información dirixirse directamente a info@vertixesonora.gal


os compositores

Jacobo Gaspar. Mos, 1975.

Estuda Composición no Conservatorio Superior de Música de Vigo. Realiza estudos de Posgrado con José Manuel López López no Conservatorio Superior de Música de Aragón. Tamén é Licenciado en Economía (Universidade de Vigo). Amplía a súa formación asistindo a cursos de composición con Cristóbal Halffter, Tomás Marco, José M. Sánchez-Verdú, Jesús Rueda, Alfredo Aracil, Georges Aphergis, Sylvano Bussotti, Leonardo Balada, Eduardo Polonio… Ten recibido o 1º  premio “Xavier Montsalvatge” no “XX Premio Jóvenes Compositores Fundación Autor – CDMC”, e o 1º premio no “VI International Jurgenson Competition for Young Composers” (Moscú). Na actualidade é profesor de Análisis, Harmonía e Contrapunto no Conservatorio Superior de Música de Vigo.

Esaias Järnegard. Estocolmo, 1983.

Está a realizar o Master en Composición na Academy of Music and Drama de Gotemburgo con Ming Sao e Ole Lützow-Holm. A súa música ten sido interpretada por solistas e ensembles como Hugo Ticciati, Richard Craig, Le Nouvel Ensemble Moderne, Ensemble Surplus, VocalLab Nederland, Moscow Contemporary Ensemble, Umeduo e o Curious Chamber Players.

Alexander Khubeev. Perm (Rusia), 1986.

Graduado no Conservatorio Estatal de Moscú no 2011 na clase de composición de Yuri Kasparove Composición electrónica con Igor Kafalidis. Asistiu a masterclases con Pierluigi Billone, Franck Bedrossian, Helmut Zapf e Martijn Padding. As súas composicións foron premiadas en Italia, Rusia e Ucraina, e a súa música foi interpretada en concertos e festivais de Francia, Italia, Chipre, Rusia e Ucraina por solistas e ensembles como Guido Arbonelli, Ensemble Aleph, Moscow Contemporary Music Ensemble, The Studio for New Music Ensemble, o ensemble de percusión de Monk Pekarsky, eNsemble, Ensemble Nostri Temporis e o GAM ensemble, do que foi compositor residente no 2011.

Matthias Kranebitter. Viena, 1980

Estudou na University of Music and Performing Arts de Viena Composición Electroacústica con Dieter Kaufmann e German Toro-Perez, Media Composition con Klaus Peter Sattler e piano con Christiane Karajeva. Tras a súa graduación trasládase a Amsterdam onde continúa a súa formación no Conservatorio no postgraduado en Contemporary Music Through Non-Western Techniques con Rafael Reina e composición con Fabio Nieder. De volta a Austria no 2009 traballa con Alexander Stankovski e Beat Furrer na University of Music de Graz

Simone Movio. Italia, 1978.

Estudou con Beat Furrer, compositor fundamental na súa carreira, na Universität für Musik und Darstellende Kunst en Graz (2005/2006), no Rostock Summer Campus 2009 eIMPULS 2005, 2007, 2009. Participou nos cursos do IRCAM 2010-2011 e nos seminarios de compposición da Universität für Musik und Darstellende Kunst con Pierluigi Billone e masterclases con Stefano Gervasoni na TEMA Academy en Milan.

Gañador de diversos premios de composición en Austria, Suiza e Italia, foi selecionado para o IMPULS 2009 (Viena – Graz) como compositor nominado. A súa música foi interpretada por artistas como Beat Furrer, Enno Poppe, Diederik Suys, Filip Martens, Sandro Gorli, Natalia Pschenitschnikova, William Lane, Emanuele Torquati e ensembles da talla do Klangforum Wien, Ensemble Recherche, Dissonart Ensemble, Divertimento Ensemble e Ensemble Intégrales.

——-

Documento para descargar en pdf