II Festival Vertixe VIGO 2014
cAuSaL 2014
Conferencia

A música de Joan Arnau Pàmies

Joan Arnau Pàmies

Wednesday 5 November / 11:00H
AULA 10 - Conservatorio Superior de Música
Vigo

Nesta ocasión Joan Arnau Pamies presentará a estrea que desenvolve no festival: Produktionsmittel II

cAuSaL: Encontros Internacionais de Composición

Espazo de encontro e discusión no que se dá a coñecer a obra dos compositores programados nesta edición do vertixeVIGO, e os procesos creativos que se agochan detrás do seu traballo. Organizado en colaboración co Departamento de Composición do Conservatorio Superior de Música de Vigo, os encontros completaranse coa asistencia a ensaios abertos nos que participarán intérpretes do Vertixe Sonora Ensemble.
cAuSaL está aberto a compositores, instrumentistas, estudantes e aquelas persoas interesadas na música contemporánea que desexen participar.