vertixe 10

Carga chea, outros plans

Sunday 9 October / 18:00H
Igrexa de Bonaval
Santiago de Compostela

En Carga chea, outros plans o compositor e director arxentino residente en Berlín, Beltrán González, constrúe un dispositivo que nos sumerxe na vida a bordo dos bacallaeiros galegos que faenaban no gran banco de Terranova nos oitenta. “Unha homenaxe a aqueles mariñeiros que convivían seis ou sete meses na estreiteza dun barco sometidos a longas xornadas de estresante traballo”.

As notas, descricións e recordos dos cinco biólogos do Instituto de Investigacións Mariñas –Enrique Álvarez, Xavier Queipo, Anxo Fernández, Euloxio Vázquez e Lorenzo Suárez– que os acompañaran realizando campañas de investigación científica, conviven con manuais de mariñeiros da Xunta, comunicacións de barcos galegos e audios de diversas fontes para reconstruir a auralidade do traballo diario durante unha marea: singradura, saída do camarote, vida na ponte, traballo no parque de pesca e comedor.

Azos de solidaridade e comuñón colectiva tamén artellan o proxecto interactivo do dúo 1ll0~ (Guillermo Almo e JuanLu Montoro) para 30 performers e ensemble e os derradeiros traballos de Vitali Karagkezidis e Ramón Otero que completa a proposta.

VITALI KARAGKEZIDIS Follow* (2022) para ensemble
BELTRÁN GONZÁLEZ  Carga chea, outros plans* (2022) para voz, ensemble e electronica
RAMÓN OTERO Nunha duna de arena do deserto* (2022) para ensemble
1ll0~ Cucharse – Xeny – VrTx* (2022) para performers con dispositivos móbiles, ensemble, vídeo e electrónica

*Estrea mundial

Beltrán González director
VERTIXE SONORA Enrique Martínez voz | Clara Saleiro frauta | Jacobo Díaz óboe | Carlos Cordeiro clarinete | Pablo Coello saxofón | Carlos Cortés trompeta | Iago Ríos trombón | Helena Sousa acordeón | Jacobo Hernández violín | Adya Khanna violonchelo | Carlos Méndez contrabaixo | Diego Ventoso, Antonio Ocampo  percusión