vertixe 10

Caixas á deriva

7/10/2022 - 16/10/2022
Diferentes ubicacións
Pamplona

Nun proceso de exploración aberto e rizomático que recupera a “deriva” surrealista e cuestiona os modos de comunicación e transferencia sonora convencional, durante dez días, entre o venres 7 e o domingo 16, desenvolveremos diferentes accións e instalacións sonoras nas rúas de Pamplona co gallo da conmemoración dos 50 anos dos Encontros de Pamplona (1972-2022), nunha proposta compartida no marco desta edición especial con motivo do décimo aniversario do Festival Vertixe.

Caixas á deriva (7-16 de outubro), tazdie do non-lugar, con música de Ramón Souto pacta e defende acordos na procura do xogo coma elemento central de interacción. Institucións, agrupamentos, músicos profesionais, estudantes e viandeiros, Caixas á deriva reinterpreta os códigos arquitectónicos de Aldo Van Eick e dende a abstraccións das formas puras e simples negocia intereses e modos de habitar das distintas edades que celebran a cidade. Caixas á deriva experimenta a convivencia e recupera o empedrado como escenario natural de escoita, encontro e socialización.

Cada unha das intervencións propón unha reflexión sobor do mundo que nos arrodea nun marco artellado en torno a tres eixos: o carácter ritual, a temporalidade extendida, e a procura do límite físico dos intérpretes. Como marco referencial, Caixas á deriva, modula un xénero do teatro persa, o ta’zieh, concretamente o ciclo de Ashura, que se representa do primeiro ao décimo día do mes de Muharram, inicio do calendario lunar islámico; de igual modo, conforme pasan os días,  incrementa a tensión emocional de cada unha das actuacións en diferentes puntos da cidade. Un teatro popular do sonoro que desbota as categorías de perfección e profesionalización da tradición occidental e sitúa a emoción como epicentro facendo valer o que se ten a man, os obxectos atopados, os materiais pobres, alimentando os encontros e a participación coa empatía como lugar do común.

CAIXAS Á DERIVA tazdie do non-lugar
Colectivo E7.2 Vertixe Sonora

Accións e performances sonoras de rúa.
7-16 de octubre de 2022.
Diferentes localizacións, Pamplona.
Encuentros de Pamplona 72-22.

Viernes 7, 20h | BATIMENTO para conxuntos de solistas y caixas móviles
Sábado 8, 12h | BATIMENTO (segunda versión) para conxunto de solistas e caixas móviles
Lunes 10, 10h | ROZAMENTO / ROZADURA para lixas e celulosas. Colabora IES Plaza de la Cruz
Lunes 10, 18h | GRITO para acordeón amplificado e irrintzilari
Martes 11, 20h | IRRINTZI para dous irrintzilaris flauta oboe y clarinete (acción concebida e dirixida por Juan José Eslava)
Miércoles 12, 11h | CONTINUO para óboe solista, 2 óboes xiróvagos e clarinete
Miércoles 12, 20h | ÁMBAR para conxunto de saxofones. Colabora CSM de Navarra
Viernes 14, 10-12h | DIDÁCTICO para alumnos de primaria. Colabora Colexio Monreal / Colexio Paderborn (acción concebida e dirixida por Karmele Oteros)
Sábado 15, 12h | PELEA CALLEXERA para trombón e intérpretes
Sábado 15, 18h | TORMENTA para performers. Colabora Colegio de Arquitectos de Pamplona
Domingo 16, 21h | CAJAS A LA DERIVA para grupo de solistas e intérpretes

CAIXAS Á DERIVA, tazdie do non-lugar
Colectivo E7.2, Vertixe Sonora.
Espectáculo de rúa.
Domingo 16 de outubro, 21:30h.
Entrada Palacio de Congresos e Auditorio de Navarra BALUARTE
Encuentros de Pamplona 72-22.

Concepción musical e desenvolvemento: Ramón Souto
Idea orixinal: Pablo Ramos 
Deseño da caixas: José Berrueta 
Construcción das caixas: Raúl Arraiza
Intervencións artísticas: Ana Maestrojuan, Edurne Ibañez
Colectivo E7.2 Cecilia Muñoz frauta | Pilar Fontalva óboe | Pablo Piñeiro clarinete | Ángel Soria saxofón | Eva Fontalva piano | Antonio Jiménez trombón | Salva Tarazona percusión | Pablo Ramos iluminación | Iñigo Arregui, Loreto Prado irrintzilaris | Juan José Eslava, Andrea Fontalba, Michel Fontalba performers 
Vertixe Sonora Ramón Souto composición e interpretación
Aula de saxofón, Aula de óboe, Aula de clarinete del Conservatorio Superior de Música de Navarra. Coordinación: Ángel Soria, Nahikari Oloriz, Pablo Piñeiro y Pilar Fontalba
Colegio Monreal / ColegioPaderborn/ IES Plaza de la Cruz
Colegio de Arquitectos de Pamplona, Sistema Lupo


Esta colaboración co Colectivo 7.2. inicia un camiño de reflexión profunda arredor do futuro da música contemporánea. Un espazo para debater arredor dos modelos de organización, os formatos de concerto, as posibilidades de cooperación e de ampliación de redes, a renovación dos procesos de coñecemento…

Caixas á deriva tende ao xogo como elemento central de interacción. Regras moi sinxelas de activación verbal estructuran arquitecturas sonoras en distintos puntos da cidade. Coqueteando cos preceptos constructivos dos espazos de xogo de Aldo Van Eick  experimentan a convivencia sonora do excéntrico recuperando a rúa como escenario natural de escoita, encontro e socialización; reflectindo modelos de creación colectiva, abertos e transparentes que son construidos in situ.

Caixas á deriva foi desenvolvida por Ramón Souto (compositor e director artístico de Vertixe Sonora) a partires do convite do Colectivo 7.2. e baixo unhas premisas establecidas polos escenógrafos Pablo Ramos e Raúl Arraiza e o arquitecto José Berrueta. Este último deseñou cinco plataformas modulares (velado homenaxe ás cúpulas pneumáticas de José Miguel de Prada Pool) que simbolizan conceptos e reflexionan dende una perspectiva artística sobre o illamento no mundo contemporáneo e contan coa participación da deseñadora Edurne Ibañez, o iluminador Koldo Tainta, a dramaturga e directora teatral Ana Maestrojuan, e os artistas José Miguel Corral e  Karmele Oteros.


50 anos dos Encontros de Pamplona (1972-2022)

Plantexado coma un encontro mundial de pensamento, arte e música, e comisariado por Ramón Andrés (ensaísta, pensador e estudante da música), recorre grandes bloques temáticos como o futuro do século XXI, a deriva de Europa, as novas tecnoloxías, as migracións, os feminismos e a capacidade transformadora da arte, a música, a literatura e o cine, e inclúe conferencias, concertos musicais e actividades artísticas.

Entre os participantes internacionais estarán os filósofos e pensadores Peter Sloterdijk, Carolin Emcke, Cynthia Fleury, Massimo Cacciari e Hartmut Rosa; os escritores e ensaístas Pascal Bruckner, László Krasznahorkai, Lászlo F. Földényi; os artistas Eve Sussman Eva Lootz; os compositores: Hilda Paredes e Salvatore Sciarrino; a poeta e activista social Anne Waldman; os cineastas José Luis Guerin e Victor Kossakovsky; e a fotógrafa mexicana Graciela Iturbide, etc. 

A nivel nacional estará presentes Brigitte Vasallo (escritora), Helena Maleno (periodista), Carla Simón (cineasta), Francisco Jarauta (pensador), José Luis Villacañas (filósofo), José María Sánchez-Verdú (compositor), entre outros.

Ademáis da actuación da participación de Colectivo 7.2 e Vertixe sonora, inclúe actuacións de colectivos e artistas como Baró d’Evel, Sol Picó, Niño de Elche e Verde Prato. E artistas e colectivos locais como entre eles Inés Boza, Oskar Alegria, Alex Baurés, o estudio Orekari…

+ info: Encontros de Pamplona (1972)