Outros 22

Aruku – Camiñar

Sunday 25 September / 12:00H
5€ (+gastos de xestión)
Museo Centro Gaiás | Andar -1
Santiago de Compostela

Concerto en colaboración coa asociación KYÕDÕ

Aruku – Camiñar abre as Matinais Musicais de outono da Cidade da Cultura transportándonos entre Xapón e Galicia.  A engaiolante voz de Ryōko Aoki, artista internacional que se desenvolve nun mundo fundamentalmente masculino, o do teatro Noh, ofrécenos a oportunidade de afondar nun estilo de canto único que forma parte dunha das manifestacións máis antigas e destacadas do drama musical xaponés. Ademais, a súa presenza en Galicia dará orixe a unha nova creación musical contemporánea para celebrar o irmandamento das rutas de peregrinación do Camiño de Santiago e o Shikoku Henro.

O programa, confeccionado a medida, reúne precisamente a unha compositora orixinaria de Shikoku, Noriko Kawakami e a un galego, Xacobe Gaspar, obra para dous pianos escrita para Vertixe Sonora e estreada en 2020, que reflexiona sobre a dicotomía e o fondo filosófico de ambos camiños. Ryōko Aoki estará acompañada polo dúo de pianistas Haruna Takebe e David Durán, de Vertixe Sonora, que encerra en si mesmo a dualidade Shikoku/Galicia. Os compositores, intérpretes e Ryōko Aoki realizarán unha residencia artística na Cidade da Cultura en setembro que culminará no concerto de estrea.

 

Nōkyōchō / Libro de escoitas II para dous pianos (2020) | Xacobe Gaspar (Mos, 1975)
L’oiseau à deux têtes para voz noh e dous músicos (2012/18)** | Noriko Baba (Niigata, 1972)
Aruku – Walk para voz Noh e dous pianos (2022)* | Noriko Kawakami (Ehime, 1955)

*Estrea mundial / ** Estrea en España

 

Ryōko Aoki, voz noh
VERTIXE SONORA Haruna Takebe e David Durán, pianos