II Do Audible 2014
Charla-concerto

A música e o diabólico

Distracfold Ensemble

Tuesday 14 October / 20:30H
Museo De Pontevedra
Pontevedra

coa participación do profesor e ensaísta Enrique Gavilán (autor Otra historia del tiempo, editorial Akal)

Cáseque todas as culturas recoñecenlle un poder excepcional, temible e admirable. O “encantamento” nace do canto: “incantare” significaba en latín “cantar fórmulas máxicas”. Nun coñecido ensaio, Rousseau advertía que a música non se escoita só como algo que está fóra, senón que ti mesmo convértesche en música, que ela che posúe. Na matemática das estructuras musicais viuse tanto a orde esencial do universo coma un dispositivo diabólico, unha burla da orde divina, similar á maxia.
Coa súa beleza demoníaca, a súa capacidade para o encanto e a posesión, a súa ambigüidade insoluble, cuxa manifestación máis sinalada sería o intervalo de cuarta aumentada ou “diabolus in musica”, a música sempre foi percibida con recelo, soispeitosa como é dunha pegada diabólica.

Programa
Salvatore Sciarrino (Italia) Tre Pierluigi Billone (Italia) notturni Brillanti (1974-75) Mani.Giacometti (2014)
Mauricio Pauly (Costa Rica) Its fleece electrostatic (2012)
DISTRACFOLD ENSEMBLE (MANCHESTER)
agrupación convidada DO AUDIBLE 2014
Linda Jankowska violín/ Emma Richards viola / Alice Purton cello

O relator: Enrique Gavilán
Especialista en Wagner e un dos máis importantes pensadores de música en lingua española, o profesor de Historia medieval na Universidade de Valladolid, forma parte do grupo Sagunto (Grupo de investigación e acción teatral da Universidade de Valencia), e tamén é profesor convidado na Universidade de Bayreuth e na Universidade de Columbia (Nova Iorque). O seu traballo céntrase na teoría da historia, en particular, as relacións entre teatro e historia. Entre as súas publicacións destaca a edición española da “Sociología da relixión” de Max Weber, así como “Escúchame con atención”. “Liturxia do relato en Wagner” (2007). Autor asimesmo de “Otra historia del tiempo” (2008) e “Entre la historia y el mito: El tiempo en Wagner” (2013) todos eles publicados pola editorial Akal.

Sobre as obras e os compositores
Pierluigi Billone (Italia, 1960) é un dos compositores actuais máis recoñecidos autor dunha obra fundamental e profundamente orixinal que cuestiona os nosos hábitos de escoita e as posibilidades instrumentais.
En Mani.Giacometti para violín, viola e violonchelo explora as posibilidades de manipulación dos tres instrumentos de corda ate límites insospeitados atopando timbres e
Salvatore Sciarrino (Palermo, 1947) é un dos grandes mestres vivos da música do noso tempo. Os seus T r e notturni Brillanti dos anos 70, son pezas de virtuosismo para viola que extenden as posibilidades do instrumento sen desnaturalizalo e ilustran as verbas do antropólogo suizo Alfred Métraux “As estrelas son mulleres que acenden a noite con fogo xeado. É perigoso tocalas porque explotan”
O título Its fleece electrostatic (2012), seu vélaro electrostático, provén da novela de David Foster Wallace, A broma infinda. Nesta peza para violín e pedais de guitarra podemos visualizar nítidamente como extrae o violinista sons completamente alleos o seu instrumento a partires da electrónica.
Mauricio Pauly (1976) compositor costaricense afincado no Reino Unido compaxina o seu labor coma compositor de música electroacústica, baixista eléctrico e codirector artístico deo Distracfold Ensemble.
texturas orixinais.
sonoras
absolutamente

Sobre a agrupación convidada DO AUDIBLE 2014
DISTRACFOLD ENSEMBLE (MANCHESTER)
Presente en Darmstadt 2014 e cunha residencia este ano no Festival Bruit da Musique en Creuse, Francia, o Distractfold estableceuse dende o seu debut no 2011 como unha voz poderosa e arriscada na comunidade Británica. Colabora coa Architectural Association de Londres e coa Fundación Anthony Burgess en Manchester (onde manteñen unha residencia artística). Mantén unha intensa actividade por todo o continente con estadías nas universidades de Leeds, Brunel e Huddersfield no Reino Unido, e en Ithaca College no estado de Nova Iorque.