Vertixe 13

A beleza do roto #1

Sunday 21 September / 18:00H / 1H
0€
Verbum
Vigo

No kintsugi xaponés, únense fragmentos cerámicos con ouro. Sulíñanse as feridas en lugar de agochalas, para así transformar obxectos rotos en arte. A beleza do roto reside naquilo que non pretende a perfección. Quebras que falan de fraxilidade, pero tamén de resiliencia. Catro estreas mundiais nunha homenaxe aos afectados pola dana o pasado outubro. Música de Colin Tucker (Ypsilanti, territorio ocupado de Anishinaabek, 1985), Felipe Pinto (Santiago de Chile, Chile, 1982), Voro García (Sueca, España, 1970), Mateu Malondra (Palma de Mallorca, España, 1977) e a presentación de drifting de Jorge Gómez Elizondo (Monterrey, México, 1986).

Colin Tucker (YpsilantiEstados Unidos1985)
Quiet as a Verb — Five constellations for Vertixe Sonora (2025) [EM]
público e 8 performers
Felipe Pinto (Santiago de ChileChile1982)
Del mar (2025) [EM]
saxofón, acordeón, guitarra eléctrica, piano, percusión
Jorge Gómez Elizondo (MonterreyMéxico1986)
drifting (2024) [EG]
acordeón, saxofón, guitarra eléctrica
Voro García (SuecaEspaña1970)
La belleza de lo roto 1 (2025) [EM]
saxofón, acordeón, guitarra eléctrica, piano, percusión
Mateu Malondra (Palma de MallorcaEspaña1977)
Free Modular Study nº2 2 (2024/25) [EM]
óboe, saxofón, acordeón, guitarra eléctrica, piano, percusión, electrónica en vivo

EM: Estrea mundial
EG: Estrea en Galicia
1 Co apoio de INAEM
2 Co apoio de IEB


VERTIXE SONORA
Óboe: Pilar Fontalba
Saxofón: Pablo Coello
Acordeón: María Mogas
Guitarra eléctrica: Nuno Pinto
Piano: David Durán
Percusión: David Collazo
Medios electrónicos: Iván Ferrer-Orozco