IV Festival Vertixe Sonora 2016
Concerto

A ARAÑA COMO ARTISTA

Séverine Ballon

Saturday 12 November / 20:30H
MARCO
VIGO

XIV ANIVERSARIO DO MARCO

A imaxe dun músico abrazándoo completamente outorga unha peculiar e paradoxal intensidade expresiva ao violoncello como instrumento solista. A necesidade de percorrelo na súa totalidade para obter toda clase de sons–acariñándoo coas mans, frotándoo cun arco nun movemento con nuado– provoca que o intérprete pareza completamente envorcado, absorto na súa comuñón privada. Curvada, tensa e alerta sobre o seu instrumento, a postura sica de Séverine Ballon tocando acentúa este paradoxo e móstranos a unha muller-violoncello, un ser fantás co cuxas extremidades se prolongan no instrumento coma se das ramas dunha árbore se tratase, coma unha laboriosa araña cuio invisible tecido nos cinguira.

A araña como ar sta recolle, a par r do marabilloso poema de Emly Dickinson e a peza do mesmo tulo de Franck Bedrossian, obras para violoncello só que mutaron a personalidade do instrumento para convertelo nun obxecto sonoro completamente transcendido. Conducidos pola sensibilidade de Séverine Ballon pisaremos paraxes nas que a soidade do solista e o seu instrumento brillan dende a ausencia.

A gran cellista francesa Séverine Ballon é unanimemente recoñecida como unha das grandes intérpretes do noso tempo. Unha ar sta que exerce, como compositora, improvisadora, e músico total unha hexemonía sobre o instrumento que a converteu en moi poucos anos nunha ar sta de referencia.

PARTE I

HELMUT LACHEMANN (ALEMAÑA, 1935) Presión*** (1969-70) para violoncello só
REBECCA SAUNDERS (REINO UNIDO, 1967) Solitude*** (2013) para violoncello só
FRANCK BEDROSSIAN (FRANCIA,1971) A araña como ar sta*** (2014) para violoncello só

PARTE II

SÉVERINE BALLON (FRANCIA 1980) Descoñecemento*** (2016) para violoncello só
CHAYA CZERNOWIN (ISRAEL, 1957) Aden um capillus veneris non. I** / Cancións do silenciado (arr. Séverine Ballon, 2015) para violoncello só
LIZA LIM (AUSTRALIA, 1966) Un océano máis aló da terra** (2016) para violoncello só unido a un violín por un o

SÉVERINE BALLON, violoncello