VI Do Audible 2018
Concerto

Kontakte

Patrícia Martins, Michael Pattmann e Malte Giesen

Friday 5 October / 20:00H
Auditorio Martín Códax
Vigo

KONTAKTE
Con Patrícia Martins, Michael Pattmann e Malte Giesen
Venres 5 de outubro ás 20.00 h
Auditorio Martín Códax
Coa colaboración de: Campus Crea s2i, Conservatorio Superior de Música de Vigo

Programa:
KARLHEINZ STOCKHAUSEN (1928-2007)
Klavierstück V para piano solo (5’30)
Vibra-Elufa para vibráfono solo (10’)
Natürliche Dauern no. 6 para piano (5’)
Kontakte (1960) para piano, percusión e electrónica (35’)

OH TON [intérpretes neste concerto] Patricia Martins piano | Michael Pattmann percusión | Malte Gielsen difusión electroacústica

Baixo o título de Originale, presentábase en Nova York, en 1961, unha versión de Kontakte (1960) na que participaban, entre outros, a chelista Charlotte Moorman, o artista Nam June Paik, o performer Robert Delford Brown, o fotógrafo Peter Moore, o compositor Alvin Lucier e o poeta Allan Ginsberg. Dirixía esta produción Allan Kaprow, creador dos happening. Foi un auténtico fito no desenvolvemento da vangarda artística americana e do movemento Fluxus, en particular.

A versión orixinal de Kontakte (1960), que se escoitará neste programa monográfico, trátase da primeira composición verdadeiramente cadrafónica da historia e das primeiras en combinar son pregravado e instrumentación ao vivo. Unha obra fundamental para entender a evolución da música electroacústica que permite asistir á construción e percepción do tempo musical, así como á exploración do espazo dende a difusión electrónica.

Visionario, grandilocuente, megalomaníaco, místico, excesivo, mesiánico, radical… Karlheinz Stockhausen foi un dos grandes mestres da música do pasado século. Axitador de estéticas renovadoras e precursor de innumerables ismos, como líder da vangarda alemá deulle continuidade a unha grandiosa tradición musical, celme da imaxinación sonora internacional de todos os tempos.

O programa inclúe, ademais, o Klavierstück V, da serie Klavierstücke: 19 pezas para sintetizador ou piano solo que desenvolveu entre 1952 e 2003 e que conforman unha especie de íntimo e experimental diario de composición. E á mantenta das titánicas travesías nas que se embarcou no final da súa etapa creativa, poderanse escoitar Vibra-Elufa (2003), pertencente á ópera Freitag aus Licht (Venres de Luz) dentro do ciclo de óperas Licht; e Naturliche Dauern n.o 6 (2006), incluída na serie de obras para diversas combinacións instrumentais Klang–Die 24 Stunden des Tages.

Intérpretes

Patrícia Martins, piano
É licenciada en piano, posgrao en ópera e estudos músico-teatrais na Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo do Porto; mestrado en música de cámara baixo a dirección de Jean Geoffroy e Franck Krawczyk no Conservatoire Supérieur Musique et Danse de Lión.

Michael Pattmann, percusión
Formouse co profesor Martin Schulz na Folkwang-Hochschule de Essen, Alemaña. Prosegue os seus estudos na clase de música de cámara do profesor Peter Eötvös na Staatliche Hochschule für Musik en Colonia. Alén da súa carreira de solista, Michael Pattmann toca regularmente en numerosos ensembles, tales como e-mex ensemble Essen, mp6-multipercussion-ensemble, anthos-ensemble, oh ton-ensemble, Ensemble musikFabrik.

Malte Giesen, difusión musical

Malte Giesen estudou composición e música de computadora na Universidade Estatal de Música e Artes Escénicas de Stuttgart con Marco Stroppa e Oliver Schneller, seguido de estudos posteriores no CNSM de París con Gérard Pesson no HfM Berlin xunto a Hanspeter Kyburz e música electroacústica con Wolfgang Heiniger.
Imparte improvisación contemporánea na Universidade de Música de Karlsruhe e música electroacústica no HfM “Hanns Eisler” de Berlín.

OH TON

O Ensemble de Baixa Saxonia con sede en Oldenburg fundose nos ano 90 do século pasado, e se reestructura no 94 para facerse un nome na promoción de concertos con convites nacionais e internacionais.

Cunha especial predicamento polos instrumentos non orquestais e as configuracións instrumentais inusuais así como as distribucións non convencionais dos instérpretes nas salas de concertos, os seus proxectos abranguen dende iniciativas para músico solista con ou sen electrónica ata as formacións de ensemble con director. Oh Ton son vinte músicos do norte de Alemania coordinados polo membro fundador Eckart Beinke.

O grupo interpreta a música das últimas dúas décadas (por exemplo, Iannis Xenakis, Hans-Joachim Hespos, François Rossé, Christophe Havel, Thierry Alla …), interpreta estreas (por exemplo, Karlheinz Stockhausen, Volker Heyn, Helmut Oehring, Annette Schlünz, Matthias Kaul …) e desenvolve varios proxectos pedagóxicos durante todo o ano.

 

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
prensa.cultura.educacion@xunta.gal Telf. 981 957 350 / 981 544 490
www.cultura.gal