Brumario
BRUMARIO asume a cualidade nebulosa e incomprensible como condición de ser do mundo que habitamos, un mundo no que a desolación entre a experiencia e a forma é desprazada dende un non-lugar. Sen puntos fixos nin conexións perceptibles, á deriva, BRUMARIO potencia significados e relacións, multiplica direccións de fuga para recoñecerse nas múltiples experiencias de desorientación, incerteza ou perplexidade que nos aflixen.
En BRUMARIO, a retroalimentación sonora revela relacións de interdependencia nun colectivo en movemento. E na confusa intersección que habita a performance, a instalación, a danza contemporánea, a arte sonora, a música contemporánea e o happening; os instrumentos, os músicos e os intérpretes acaban converténdose nun único corpo expandido que emite e recibe vibracións.
Coincidindo co paso do Sol por Escorpio (entre o 22, 23 ou 24 de Outubro e o 20, 21 ou 22 de Novembro, segundo o ano) e proposto por Fabre d’Églantine para referirse ás “néboas baixas e transudacións da natureza de Outubro en Novembro”, Brumario (en francés Brumaire) é tamén o nome do segundo mes do calendario republicano francés. O 18 de Brumario do ano 18 (9 de novembro de 1799) Napoleón deu o golpe de estado que supuxo o fin da Revolución Francesa.
BRUMARIO
Guillermina Gallardo – mezzosoprano
Clara Saleiro – frauta
Noelia Fraga, Pablo Coello – saxofóns
Carlos Cortés – trompeta
Victor Freire – trompa
María Mogas – acordeón
David Durán, Luís Martínez – piano, órgano
Diego Ventoso, Pablo Paz – percusión
Ramón Souto – composición e dirección musical
Javier Martín – dirección escénica, coreografía e movemento
Nacho Barcia, Ramón Souto – dispositivos de son e performance
Octavio Mas – iluminación
Sebastián Yepes – difusión sonora
Sabela Mendoza e Vertixe Sonora – produción