140: Migratio #3
Migratio Collective
Terceiro achegamento aos fillos do exilio e a emigración na Arxentina de Milei. Con música de Annachiara Gedda (Turín, Italia, 1986), Cecilia Arditto (Bos Aires, Argentina, 1966), Carolina Carrizo (La Plata, Argentina, 1966) e Ramón Souto (Vigo, 1976).
En 140: MIGRATIO En se ilumina a emigración e o exilio antifascista de Castelao baixo a luz dos procesos de migración europea precedentes (dende mediados do século XIX), que agromaron un contexto felizmente artellado. Esto explica o caluroso recebemento co que o acolleu a numerosa e activa comunidade galega tras a súa estadía en Nova Iorque (38-40). Castelao atopou en Bos Aires (morrería o 7 de xaneiro de 1950) un refuxio definitivo para o desenvolvemento persoal e familiar e un enriquecemento e intercambio vibrante e enérxico.
Compositores de raigame galega dos catro países —algúns deles migrantes— únense con Icarus vs Muzak (Emilia Romagna, Italia), Vertixe Sonora (Galicia, España) e Mittel und Zweckel (Berlín, Alemania) para celebrar a figura de Castelao a través da música contemporánea, e a través del un encontro civilizatorio, un éxito da integración, que para tantos foi unha oportunidade na vida: Italia escapaba da pobreza rural, da inestabilidade política e das guerras de unificación; Galicia escapaba do atraso crónico, da pobreza, da falta de oportunidades e, máis tarde, da guerra civil. Familias separadas durante anos, emigración forzada para sobrevivir.
Desenvolvida conxuntamente por Icarus vs Muzak (Emilia Romagna, Italia), Vertixe Sonora (Galicia, España) e Mittel und Zweckel (Berlín, Alemania).
Apoiado por Performing Arts Fund NL.
Galardoado co Premio EFFEA Springboard da Fundación Europea de Festivaies para Artistas Emerxentes – EFFEA