Presentación
Empeza a tocar a arpa celta con 6 anos na súa Bretaña natal. No 2004, termina os seus estudos de música tradicional e obtén a súa licenciatura de musicoloxia na Universidade de Rennes. De 2004 a 2009, realiza os estudos de arpa clásica coa arpista Frédérique Cambreling no Centro Superior de Música do País Vasco –Musikene– en San Sebastian. Máis tarde, completa a súa formación en Alemania nos conservatorios de Detmold e Frankfurt con Godelieve Schrama e Françoise Friedrich. Durante os seus estudos, forma parte da JONDE (Xove Orquesta Nacional de España) e de formación orquestais europeas coma o Gustav Mahler Jugendorchester, o Verbier Festival Orchestra e a Academia do Festival de Lucerna ca cal ten a oportunidade de tocar de solista baixo a dirección de Pierre Boulez. De 2011 a 2013, foi arpista solista da Neubrandenburger Philharmonie en Alemania.
Actualmente comparte o seu tempo entre e a interpretación e a docencia. Toca regularmente como arpista invitada con diversas orquestas (Real Filharmonía de Galicia, Orquesta Sinfónica de Galicia, Gran Teatre del Liceu, Orquesta Nacional de España, Ensemble Intercontemporain, …) e en diferentes agrupaciones camerísticas