No marco de Vertixe 10. Edición especial conmemorativa iniciamos Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022, unha posta en común das investigacións arredor das músicas experimentais de creación sonora.
Tres eixos artellan un programa de actividades que se desenvolverá en diferentes cidades galegas ao longo do verán (Cambados, Pontevedra, Lugo, Vigo, Parada do Sil, Vedra, Santiago de Compostela): unha convocatoria de obras para diferentes formacións instrumentais, un afondamento na música para óboe só de recente creación e un achegamento á música de vangarda de influencia africana. Todas as actividades son libres ata completar aforamento salvo no caso dos participantes activos do curso de óboe.
En Cardinais. Academia Internacional Vertixe Sonora 2022 os solistas de Vertixe Sonora ofrecen un marco pedagóxico de formación para que intérpretes de diferentes especializades instrumentais, xóvenes músicos no inicio da súa carreira, poidan participar de contextos de traballo profesionais no eido da música contemporánea. Un contacto coa realidade musical experimental que abarca tódalas dimensións de realización dun proxecto dende o seu inicio ata a súa presentación pública e que toma como punto de partida un clásico da música contemporánea do século XX.
A convocatoria estivo dirixida a músicos próximos a rematar os seus estudos interesados ​​en afrontar os especiais retos da música nos séculos XX e XXI. Despois dun arduo proceso de selección mediante audicións e ensaios parciais que tomaron o ano, iniciamos agora as sesións intensivas dun dos nosos proxectos máis agardados: MÚSICA PARA 18 MÚSICOS de Steve Reich. Un proxecto que xurde da colaboración entre Vertixe Sonora (ISCM España) e NewMusicSA (ISCM Sudáfrica) a través do Collaborative Series da International Society of Contemporary Music (ISCM-SIMC) e serve de preámbulo as actividades organizadas no contexto da edición especial dos World Musica Days que terá lugar no outono de 2023 en Sudáfrica e pola que se conmemoran os 100 anos de existencia dunha organización fundamental para o devir da música contemporánea. Unha edición baixo a dirección artística de Lukas Ligeti e coordinada por Ignacio Priego coma director de programación. O propio
Armónicamente Cardinais 2022 tamén porá o seu aceno nas músicas latinoamericanas de ascendencia africana con Cuba e Colombia coma especiais países convidados nesta edición: Cuba representada na música de Louis Aguirre (1968, Camagüey, Cuba) que estreará o seu novo traballo para óboe só, Oriki a Oló-Okún (Dona nobis pacem), despois dunha moi grave convalecencia; e Colombia, representada a través de Daniel Zea (Colombia, 1976) e Camilo Méndez (Cúcuta, 1982) que desenvolverán sendas residencias co ensemble. Ademáis contaremos coa presenza do compositor francés Sylvian Marty que continuará o seu traballo de reflexión en torno a obra recentemente estreada con Vertixe Sonora Noeud-col: un proxecto de investigación electrónica dos timbres acústicos de inpiración electrónica no trío que conforman unha trompeta, unha trompa e un arpa. Un tapiz discontinuo e turbulento coa cela aillada como eixo de organización.
Outro núcleo focal que artella esta edición é a aproximación á música para óboe só de recente creación. A determinación da oboista Pilar Fontalba por promover a composición para oboe só e por investigar a evolución da escrita para este instrumento, está a facer realidade o nacemento dun repertorio actual e radicalmente novo. Achegarémonos a este repertorio coa participación en sesións telemáticas e presenciais dos seus protagonistas: Juan José Eslava, José Manuel López López, José María Sánchez Verdú, Carolina Cerezo, etc.
Finalmente ISCM-ESPAÑA promove unha convocatoria de obras para explorar novas combinacións instrumentais.

CARDINAIS. ACADEMIA INTERNACIONA VERTIXE SONORA 2022

Salvo indicación entrada libre ata completar aforamento.

 

luns 11.07, 10h | RUÍNAS DA IGREXA DE SANTA MARIÑA, Cambados (Pontevedra)
NOEUD-COL Ensaios abertos. 

martes 12.07, 10-14h/15-20h | NEMONON, Cambados (Pontevedra)
SILVAYN MARTY. NOEUD-COL MONOGRÁFICO. Sesións de gravación.

14-16.07, 10-14h/15-20h | CENTRO DOTACIONAL DO MEDIO RURAL DE TORROSO, Mos (Pontevedra)
CAMILO MÉNDEZ. MONOGRÁFICO. Sesións de gravación Colombia país convidado 2022

domingo 16.07, 10-14h/15-20h | CENTRO DOTACIONAL DO MEDIO RURAL DE TORROSO, Mos (Pontevedra)
DANIEL ZEA. MONOGRÁFICO. Ensaios abertos. Colombia país convidado 2022

domingo 17.07, 18h | CENTRO DOTACIONAL DO MEDIO RURAL DE TORROSO, Mos (Pontevedra)
MINIMÁQUINA. Colombia país convidado 2022

xoves 25.08, 10.30h | ABADÍA DA COVA – BODEGAS MOURE, Cuñas (Lugo)
TEMPO 1. Concerto cuántico con Pilar Fontalba

venres 26.08, 12h | XARDÍNS PAZO DE RIVADULLA, Vedra (A Coruña)
TEMPO 2. Concerto cuántico con Pilar Fontalba

sábado 27.08, 20h | IGLESIA DE SAN DOMINGOS DE BONAVAL e arredores, Santiago de Compostela (A Coruña)
TEMPO 3. Concerto cuántico con Pilar Fontalba

domingo 28-29.08, 10-14h/15-20h | CGAC, Santiago de Compostela (A Coruña)
TEMPO, CURSO DE ÓBOE* con Pilar Fontalba e compositores convidados
*Participantes activos precisan inscrición e pago de matrícula 150€. Ver as bases.

martes 22 a martes 30.08, 10-14h/15-20h | CONSERVATORIO PROFESIONAL DE MÚSICA XOAN MONTES, Lugo
MÚSICA PARA 18 MÚSICOS. Curso intensivo

CANCELADO – martes 30.08, 18h | TERRAZA DA FUNDACIÓN GRANELL, Santiago de Compostela (A Coruña)
DE REICH A KMRU: ÁFRICA COMO VANGARDA MUSICAL CONTEMPORÁNEA. Conferencia

CANCELADO – martes 30.08, 20h | PRAZA DAS PRATERÍAS, Santiago de Compostela (A Coruña)
MÚSICA PARA 18 MÚSICOS. Concerto

CANCELADO – martes 30.08, 21.45h | ZONA C, PRAZA DE CERVANTES, Santiago de Compostela (A Coruña)
POLIRRITMIA AFROELECTRÓNICA Sesión DJ Nacheit

NOVA DATA
domingo 04.09, 13h | TEATRO PRINCIPAL, Santiago de Compostela (A Coruña)
MÚSICA PARA 18 MÚSICOS. Concerto

Entrada libre ata completar aforamento salvo onde se indique o contrario